Táboa de contidos
Para comezar, é preciso ter en conta as distintas ferramentas que a USC pon a disposición do seu persoal investigador.
É moi importante non confundir estas dúas ferramentas: o Portal reúne nun único punto toda a información sobre a produción científica xerada polo persoal investigador da USC, incluídas as súas métricas de visibilidade e impacto, mentres que Minerva proporciona acceso ao texto completo dos traballos, mediante ligazóns permanentes. |
Tal como adiantamos no apartado anterior desta guía, a presente convocatoria de sexenios require do depósito dos resultados da investigación que se sometan a avaliación en repositorios institucionais, temáticos ou xeneralistas de acceso aberto, incluíndo un identificador persistente, polo que o depósito en Minerva -que proporciona identificadores Handle- cumpriría este requisito.
**Só é obrigatorio o depósito para os casos de artigos publicados a partir de xuño de 2011 (LCTI) e libros, capítulos e datos de investigación desde setembro de 2022 (modificación LCTI).
Así mesmo, é importante respectar en todos os casos a xestión de dereitos de autoría amparada polo marco legal vixente no momento da publicación.
GUÍAS DA BUSC
RECURSOS DIALNET CRIS (aplicables ao Portal da Investigación da USC)
Os seguintes materiais foron elaborados polo Grupo de Traballo de Avaliación e Informes de Dialnet CRIS (en castelán).
A BUSC está adaptando estes materiais ao Portal da Investigación da USC, mais as funcionalidades deste portal son as mesmas cas de Dialnet CRIS. As instrucións son, polo tanto, perfectamente aplicables, mais as interfaces poden mostrar pequenas variacións.
O Portal da Investigación recolle a produción científica da Universidade de Santiago de Compostela, dando visibilidade á súa actividade investigadora a través dos resultados e da análise do seu impacto.
Ofrece indicadores bibliométricos globais da institución, dos grupos de investigación, departamentos e tamén a nivel de investigador e de publicación. Isto convírteo nunha ferramenta de gran utilidade para o persoal investigador á hora de localizar e seleccionar as achegas que desexe someter á avaliación para acadar o sexenio. Permite, ademais, elaborar e descargar os informes bibliométricos xa adaptados ás convocatorias da ANECA.
Accedendo ao seu perfil, pode ver os indicadores de toda a súa produción científica:
Tamén pode consultar os indicadores que recolle o Portal da Investigación de cada un dos documentos:
Desde Informes pode facer unha descarga de toda a súa produción, ou ben de parte dela:
Na descarga deberá seleccionar Datos bibliográficos + Indicadores e o formato de descarga desexado:
Unha vez finalizada a descarga xérase un ficheiro no que o investigador pode filtrar os documentos que lle interesen para seleccionar as achegas:
Ademáis de editar información do seu perfil, solicitar á biblioteca que inclúa novas publicacións da súa autoría, textos completos ou datos de investigación, o autor/a pode realizar distintos tipos de descargas desde o seu perfil.
RECURSOS DE INTERESE PARA A ELABORACIÓN DE INFORMES BIBLIOMÉTRICOS
Minerva alberga toda clase de materiais dixitais a texto completo:
O persoal docente e investigador da USC pode depositar a súa produción científica en Minerva de forma autónoma a través do autoarquivo, ou ben mediante o aquivo delegado, en caso de ter dificultades técnicas (deberá contactar coa biblioteca do seu centro).
Antes de comenzar co depósito dos traballos, é necesario comprobar:
A biblioteca ofrece un modelo de solicitude destes permisos para as obras de autoría compartida e aquelas cuxos dereitos foron cedidos a unha editorial (acceso ao pé deste apartado). |
O PDF editorial poderá depositarse sen impedimento algún no caso de artigos en revistas de acceso aberto, en publicacións con licenza Creative Commons ou cando o autor pagou para publicar en aberto.
Para o caso dos libros e capítulos de libros cuxos autores non son propietarios dos dereitos e trala consulta expresa á editorial, en caso de negativa, pódese depositar en Minerva a descrición e restrinxir a consulta dos ficheiros asociados. No campo "Dereitos de acceso" do formulario de envío, haberá que escoller a opción Restricted access e ademais editar as políticas de acceso ao arquivo, escollendo a opción "administrator" no menú despregable Tipo de condición de acceso (Ver o apartado Subir arquivos da Guía de autoarquivo de Minerva).
**Só é obrigatorio o depósito para os casos de artigos publicados a partir de xuño de 2011 (LCTI) e libros, capítulos e datos de investigación desde setembro de 2022 (modificación LCTI).
Ver Recomendacións REBIUN: Sexenios e repositorios institucionais.
MÉTRICAS DE USO DAS ACHEGAS EN MINERVA
Minerva permite a consulta de datos sobre visitas e descargas dos documentos. Débese acceder ao rexistro de cada traballo e premer no botón Estatísticas, situado no menú superior da pantalla.
Ofrécense as visualizacións a nivel rexistro, a nivel ficheiro e desagregación por países.
MODELOS DE SOLICITUDE DE PERMISOS AOS PROPIETARIOS DE DEREITOS DE AUTOR