Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Criterios mínimos de calidade editorial das revistas

No caso de que a publicación non apareza en clasificacións de revistas nin en listaxes con selo de calidade, a CNEAI proporciona unha serie de criterios mínimos que debe reunir un medio de difusión para que sexa considerado na avaliación. 

No caso das revistas, estes criterios mínimos divídense en dous grupos: os criterios de calidade das revistas como medio de comunicación científica e outros criterios sobre o contido do medio de difusión. 

  • Como medio de comunicación científica, os criterios mínimos de calidade son:
  1. Que a revista indique a composición do seu comité editorial/científico
  2. Que a revista proporcione instrucións detalladas aos autores respecto ás súas achegas de orixinais.
  3. Que a revista proporcione información sobre a selección e avaliación dos manuscritos: os criterios empregados, o procedemento, e os informes dos revisores para a aceptación de orixinais.
  4. O CNEAI considera tamén un criterio de calidade que os títulos, resumos e palabras chave dos artigos, así como o sumario da revista, estean traducidos ao inglés.
  • Respecto aos contidos das revistas, a CNEAI sinala que se considerarán criterios de calidade: 
  1. Que máis do 75% dos artigos dunha revista sexan traballos que comuniquen resultados de investigación orixinais. 
  2. Que máis do 75% dos autores sexan externos ao comité editorial e alleos á organización editorial da revista.

 

FERRAMENTA RECOMENDADA

No caso das revistas españolas e iberoamericanas, un recurso importante que recolle indicios de calidade editorial é o Catálogo Latindex, actualmente na versión 2.0. Entre os obxectivos do catálogo destaca impulsar a profesionalización dos equipos editoriais universitarios e converterse nunha referencia de calidade académica fomentando as boas prácticas editoriais. Este catálogo recolle na actualidade máis de 27.000 revistas impresas e electrónicas e, ademais, proporciona unha guía que explica cada un dos elementos considerados de calidade.

Accede a Latindex

Para máis información preme na ligazón: Latindex - Características de calidad del catálogo 2.0

Criterios mínimos de calidade sobre o proceso editorial de libros e revistas

O CNEAI presta tamén especial atención á calidade do proceso editorial tanto para revistas como para libros. Neste sentido, os criterios mínimos que se deberá ter en conta son:

  1. Que as revistas conten cunha periodicidade e, no caso dos libros, que exista unha regularidade e homoxeneidade da liña editorial.
  2. Que o proceso editorial posúa un sistema de revisión por pares.
  3. Que a editorial emita comunicacións motivadas das decisións respecto aos orixinais en relación coa súa aceptación, revisión ou rexeitamento.
  4. Que o comité asesor da revista ou da editorial teña representatividade académica e sexa independente do medio ou editorial.