Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Selección de achegas

Deberán presentarse cinco achegas principais, que poderán acompañarse de ata dúas achegas substitutorias seleccionadas pola persoa solicitante.

**Excepcionalmente, o número de achegas poderá ser inferior se os traballos teñen unha relevancia extraordinaria e tiveron un alto impacto científico ou social.

A convocatoria de sexenios de 2023 amplía o tipo de achegas susceptibles de avaliación, a través dunha consideración máis ampla das achegas «extraordinarias» en todos os campos, respectando a especificidade de cada disciplina científica. (Ver Criterios de avaliación)