Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Subcampo 6.3 Arquitectura, Enxeñaría Civil, Construción e Urbanismo

1. Sobre as achegas

  • Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente as patentes, os artigos científicos, os libros e capítulos de libros
  • Neste campo aceptaranse un máximo de catro achegas extraordinarias, das que se valorarán preferentemente as achegas a congresos publicadas en medios convenientemente acreditados, os proxectos arquitectónicos, urbanísticos, patrimoniais ou de enxeñaría, os desenvolvementos tecnolóxicos e arquitectónicos, a participación en exposicións e no seu comisariado e as creacións artísticas e creativas
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse notas, short communications, comentarios, respostas, cartas ao/á editor/a e similares.

2. Valoración das achegas

  • PATENTES: valoraranse preferentemente aquelas en explotación (B1), demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza, e as patentes concedidas pola Oficina Española de Patentes e Marcas mediante o sistema de exame previo. Terase en conta a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a de protección máis extensa.
  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
    • prestixio da editorial
    • prestixio das/os editoras/es
    • colección na que se publica a obra
    • a obtención dalgún selo de calidade que puidera obter a colección ou o libro outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • PROXECTOS SINGULARES ARQUITECTÓNICOS, URBANÍSTICOS, PATRIMONIAIS OU DE ENXEÑARÍA: valorados polo seu carácter innovador, constatado polos premios e distincións recibidos ou polo recoñecemento en concursos públicos competitivos, polo seu impacto na literatura especializada nacional e internacional, por ser mostrados en exposicións relevantes con catálogo que non sexa autoedición.
  • DESENVOLVEMENTOS TECNOLÓXICOS E ARQUITECTÓNICOS: valoraranse preferentemente os de carácter científico, en función do seu impacto e relevancia. Así mesmo, valoraranse os aspectos innovadores. Será obrigatorio presentar evidencias claras que permitan identificar o obxecto de avaliación e os seus resultados, a calidade do medio de exhibición e da súa difusión.
  • PARTICIPACIÓN EN EXPOSICIÓNS: de prestixio ou de carácter monográfico, dedicadas a un/unha só/soa autor/a, considerarase especialmente a proxección do espazo expositivo (internacional, nacional, local). Tamén se considerará o comisariado de exposicións, sempre que se publique un catálogo con repercusión nos medios académicos especializados nacionais e internacionais.
  • CREACIÓNS ARTÍSTICAS OU CREATIVAS: valorarase o seu carácter innovador, constatado polos premios e distincións recibidos. Será obrigatorio presentar evidencias claras que permitan identificar o obxecto de avaliación (documentación gráfica ou audiovisual), a calidade do medio de exhibición e da súa difusión e impacto.

3. Mínimos orientativos para a valoración positiva

Poderase alcanzar unha avaliación positiva nas áreas de Arquitectura, Enxeñaría Civil, Construción e Urbanismo presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo tres contribucións con alta relevancia e impacto que sexan patentes, libros e capítulos de libros, ou artigos publicados en revistas ou plataformas como as citadas para os perfís tecnolóxicos, e como mínimo dúas achegas destas mesmas características para os perfís non tecnolóxicos.

4. Baremo específico Campo 6.3, elaborado polo Comité AsesorAs dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidente: Ernest Redondo Domínguez. Catedrático de Expresión Gráfica y Arquitectónica. Universitat Politècnica de Catalunya. (ernest.redondo@upc.edu)