Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Subcampo 6.2 Enxeñaría da Comunicación, Computación e Electrónica

1. Sobre as achegas:

  • Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente os artigos científicos e as patentes
  • Neste campo aceptaranse un máximo de tres achegas extraordinarias, valorándose preferentemente achegas a congresos publicadas en medios convenientemente acreditados, os conxuntos de datos e as contribucións a desenvolvementos tecnolóxicos
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse libros, notas, comentarios, respostas, cartas ao/á editor/a e similares.

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas ou plataformas como as citadas.
  • CONGRESOS: valoraranse preferentemente as que tivesen lugar en congresos de calidade contrastada ou indexados en listas de referencia de recoñecido prestixio.
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
    • prestixio da editorial
    • prestixio das/os editoras/es
    • colección na que se publica a obra
    • a obtención dalgún selo de calidade que puidera obter a colección ou o libro outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • PATENTES: criterios a valorar:
    • se están en explotación, demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
    • se están sen explotación, si a concesión se levou a cabo con exame previo (tipo B2)
    • a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a de protección máis extensa. 
  • DESENVOLVEMENTOS TECNOLÓXICOS: valoraranse preferentemente os de carácter científico (por exemplo, desenvolvemento de software ou hardware), en función do seu impacto e relevancia. No caso doutras formas de protección da propiedade industrial ou intelectual, para áreas onde as patentes non sexan de aplicación (programas informáticos, modelos de aprendizaxe automática, etc.), a persoa solicitante deberá presentar evidencias de que a achega supón un desenvolvemento tecnolóxico equiparable a unha patente en canto ao disposto no parágrafo anterior.

3. Mínimos orientativos para a valoración positiva

Poderase acadar unha avaliación positiva nas áreas de Enxeñarías da Comunicación, Computación e Electrónica presentando preferentemente, cinco achegas, das que como mínimo tres serán artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio.

4. Baremo específico Campo 6.2, elaborado polo Comité AsesorAs dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidenta: María Nieves Rodríguez Brisaboa. Catedrática de Lenguajes y Sistemas Informáticos. Universidade da Coruña. (nieves.brisavoa@udc.es)