Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Campo 4. Ciencias Biomédicas

1.Sobre as achegas:

  • Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente artigos científicos, libros, capítulos de libros e patentes. 
  • Neste campo aceptaranse un máximo de 2 achegas extraordinarias.
  • Aceptarase  que 1 das achegas extraordinarias sexa de casos clínicos, short communications, artigos de revisión bibliográfica, revisións sistemáticas inluíndo as scoping review, coa excepción das revisións sistemáticas con metaanálisis, que serán consideradas como artigo de investigación. 

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS:  valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de prestixio, así coma en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe. 
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
    • prestixio da editorial
    • prestixio das editoras/es
    • colección na que se publica a obra
    • a obtención dalgún selo de calidade que puidera obter a colección ou o libro otorgado por unha institución de prestixio.
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • PATENTES: criterios a valorar:
    • se están en explotación, demostrada mediante contrato de compraventa ou contrato de licenza. 
    • se non están en explotación, se a concesión se levou a cabo cun exame previo (tipo B2)
    • a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a máis extensa.

3. Mínimos orientativos para a valoración positiva:

Poderase acadar unha avaliación positiva nas áreas de Ciencias Biomédicas presentando preferentemente 5 achegas que sexan artigos con alta relevancia e impacto, publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

4. Baremo específico Campo 4, elaborado polo Comité Asesor. As dúbidas sobre os criterios deben ser remitidas á presidencia do Comité. Presidente: Luis Antonio Álvarez-Sala Walther. Catedrático de Medicina. Universidad Complutense de Madrid. (laalvare@ucm.es)