1.Sobre as achegas:
- Valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros e as patentes.
- Aceptaranse un máximo de 2 achegas extraordinarias.
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
- prestixio da editorial
- prestixio das editoras/es
- colección na que se publica a obra
- a obtención dalgún selo de calidade que puidera obter a colección ou o libro outorgado por unha institución de prestixio.
- recensións críticas recibidas nas revistas científicas especializadas.
- PATENTES: criterios a valorar:
- se están en explotación, demostrada mediante contrato de compraventa ou contrato de licenza.
- se non están en explotación, se a concesión se levou a cabo cun exame previo (tipo B2)
- a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a máis extensa.
Poderase acadar unha avaliación positiva presentando 5 achegas de relevancia e impacto xustificados que respondan aos criterios xerais. Prevalecerá sempre o seu contido e impacto científico e social.