Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Campo 11. Filosofía, Filoloxía e Lingüística

1. Sobre as achegas:

Aceptaranse achegas ordinarias e extraordinarias.

  • Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente os libros, os artigos científicos, as edicións críticas con estudo introdutor e notas, as edicións filolóxicas con aparato crítico e anotacións, os capítulos de libros, o comisariado de exposicións e as traducións especializadas.
  • No Campo 11 aceptaranse un máximo de dúas achegas extraordinarias.
  • Só nos casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, artígos de opinión, notas, cartas o/a editor/a e similares.

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou naquelas que recibiran un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: no caso dos libros, capítulos de libros, edicións críticas con estudos introdutorios e aparato crítico, e edicións filolóxicas con aparato crítico e anotación, valorarase o prestixio da editorial, dos/das editores/as, da colección na que se publica a obra e se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido presitixio e as recensións recibidas en revistas científicas especializadas.
  • COMISARIADO DE EXPOSICIÓNS: valoraranse os catálogos que acheguen novidades relevantes de investigación con repercusión nos medios especializados nacionais e internacionais axustándose ao establecido para estas actividades no Campo 10. 

3. Mínimos orientativos para a valoración positiva:

Poderase acadar unha avaliación positiva presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo unha achega con alta relevancia e impacto que sexa un libro monográfico de investigación, ou ben dúas achegas que sexan artigos de alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas, ou ben un artigo ou unha edición cun aparato crítico solvente e un capítulo de libro coas mesmas características.

4. Baremo específico propuesto polo Comité Asesor do Campo 11. As dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidenta: Susana Guerrero Salazar. Catedrática de Lengua Española. Universidad de Málaga (salazar@uma.es)