1. Sobre as achegas:
- Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros.
- Neste subcampo aceptaranse un máximo de dúas achegas extraordinarias.
- Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, notas, guías didácticas ou outras publicacións que aludan, exclusivamente, a procesos de innovación educativa nos que non conste de forma explícita a súa vinculación con resultados de investigación, as cartas ao/á editor/a ou similares.
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou naquelas que recibisen un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: valorarase:
- o prestixio da editorial
- o prestixio das/os editoras/es
- a colección na que se publica a obra
- se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
- as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas
3. Mínimos orientadores para a valoración positiva:
Poderase alcanzar unha avaliación positiva nas áreas de Psicoloxía presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo tres contribucións que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.
Poderase alcanzar unha avaliación positiva nas áreas de Ciencias da Educación presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo dúas contribucións que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.
4. Baremo específico Subcampo 7.2, elaborado polo Comité Asesor. As dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidenta: María Teresa Padilla Carmona. Catedrática de Métodos de Investigación y Diagnóstico en Educación. Universidad de Sevilla. (tpadilla@us.es)
**NOVO RECURSO