Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Subcampo 7.1 Ciencias Sociais e Estudos de Xénero

1. Sobre as achegas:

  • Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros.
  • Neste subcampo aceptaranse un máximo de dúas achegas extraordinarias. Para as áreas de Antropoloxía e de Comunicación poderanse valorar obras audiovisuais.
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, notas, cartas ao/á editor/a e similares.

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou naquelas que recibisen un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: valorarase:
    • o prestixio da editorial
    • o prestixio das/os editoras/es
    • a colección na que se publica a obra
    • se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas
  • OBRAS AUDIOVISUAIS:  valoraranse as achegas cuxo financiamento, exhibición, distribución ou impacto demostre que foron sometidos a procesos de selección rigorosa por parte de comités especializados que sexan indicadores da calidade do produto de investigación. Neste sentido, valoraranse as seguintes achegas:
  1. as obras seleccionadas en festivais de recoñecido prestixio, congresos con comité avaliador, así como a presenza en revistas académicas con revisión por pares que publiquen este tipo de traballos audiovisuais;
  2. as obras distribuídas e estreadas en salas, incluídas en catálogos e presentes en exposicións e plataformas de distribución tanto xeneralistas como especializadas.

Poderanse considerar tamén, como indicios de relevancia e impacto, a falta dun sistema de citación para este tipo de traballos, a existencia de críticas ou recensións en revistas especializadas, exposicións en museos ou outras institucións científicas, ou presentacións convidadas en departamentos universitarios, centros de investigación ou equivalentes.

3. Mínimos orientadores para a valoración positiva:

Poderase alcanzar unha avaliación positiva nas áreas de Socioloxía, de Ciencia Política e da Administración, e de Comunicación, presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo dúas contribucións que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

Poderase alcanzar unha avaliación positiva nas áreas de Xeografía presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo tres contribucións que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

Poderase alcanzar unha avaliación positiva na área de Biblioteconomía e Documentación presentando, dentro do grupo das cinco achegas, preferentemente como mínimo tres contribucións que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

Poderase alcanzar unha avaliación positiva na área de Estudos de Xénero presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo dúas contribucións que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

Poderase alcanzar unha avaliación positiva na área de Antropoloxía Social presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo unha contribución con alta relevancia e impacto que sexa unha monografía etnográfica ou un vídeo etnográfico, ou ben dúas achegas que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

Poderase alcanzar unha avaliación positiva nas áreas de Traballo Social e Servizos Sociais e Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo dúas contribucións que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

Poderase alcanzar unha avaliación positiva en todas as áreas de Ciencias Sociais distintas ás mencionadas presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo tres contribucións que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

4. Baremo específico Subcampo 7.1, elaborado polo Comité AsesorAs dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidenta: Almudena Moreno Mínguez. Catedrática de Sociología. Universidad de Valladolid. (almudena.moreno@uva.es)