Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Prazo 2024

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 22 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2024.

Logo Aneca Sexenios

 

Introdución

1. Introdución

1.1 Táboa de contidos

1.2 Cite esta guía

1.3 Marco xurídico

1.4 Novidades da útlima convocatoria (2024)

2.Recursos ANECA / REBIUN

2.1 FAQs da ANECA

2.2 Sexenios e repositorios institucionais (REBIUN 2023)

3. Os sexenios de investigación

2.1 Que son?

2.2 Como se obteñen?

2.3 Quen pode solicitar o recoñecemento de sexenios?

2.4 Os tramos a avaliar

2.5 Formalizar a solicitude

3.  Selección de achegas

3.1 Tipos de achegas

3.2 Requisitos mínimos para a avaliación positiva

3.3 Por onde empezar?

3.3.1 O Portal da Investigación da USC

3.3.2 O repositorio da USC: Minerva

3.4 Conxuntos de datos de investigación (datasets)

4. Criterios de avaliación

4.1 Criterios xerais

4.2 Criterios específicos

4.2.1 Campo 0. Interdisciplinar e multidisciplinar

4.2.2 Campo 1. Matemáticas e Física

4.2.3 Campo 2. Química

4.2.4 Campo 3. Bioloxía Celular e Molecular

4.2.5 Campo 4. Ciencias Biomédicas

4.2.6 Campo 5. Ciencias da Natureza

4.2.7 Subcampo 6.1 Tecnoloxías mecánicas e da Produción

4.2.8 Subcampo 6.2 Enxeñaría da Comunicación, Computación e Electrónica

4.2.9 Subcampo 6.3 Arquitectura. Enxeñaría Civil, Construción e Urbanismo

4.2.10 Subcampo 7.1 Ciencias Sociais e Estudos de Xénero

4.2.11 Subcampo 7.2 Ciencias do Comportamento e da Educación

4.2.12 Campo 8. Ciencias Económicas e Empresariais

4.2.13 Campo 9. Dereito e Xurisprudencia

4.2.14 Campo 10. Historia e Artes

4.2.15 Campo 11. Filosofía, Filoloxía e Lingüística

5. Os indicios de calidade

5.1 Métricas das achegas

5.1.1 Citación

5.1.2 Uso e lectura

5.1.3 Influencia ou adopción social

5.1.4 Visibilidade social

5.2 Métricas do medio de difusión (revista, editorial)

5.2.1 Impacto científico do medio

5.2.2 Outros recursos de avaliación do medio

5.2.3 Calidade na xestión

5.3 Métricas relacionadas coa contribución científica en aberto

5.3.1 Depósito en repositorios dixitais en acceso aberto

5.3.2 Compartir datos, metodoloxías, programas de ordenador e modelos de aprendizaxe automática

5.3.3 Ciencia Aberta á Sociedade

5.4 Outros indicios de calidade

5.4.1 Criterios de calidade das revistas

5.4.2 Criterios mínimos de calidade sobre o proceso editorial de libros e revistas

6. Modelo de recollida de indicios das achegas

6.1 Word descargable

6.2 Materiais das sesións formativas para o PDI da USC (**NOVO)

7. Contacto

Esta guía comezou a elaborarse en xaneiro de 2024 pero se trata dun documento vivo, sometido anualmente a revisión, unha vez publicadas as correspondentes convocatorias da ANECA.

Ten atribuída unha licenza CC-BY-NC-SA que permite a súa copia, distribución, transformación e comunicación pública, sempre que se cite a fonte, sexa para uso non comercial e se empregue unha licenza idéntica.

Cite esta guía:

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. (2024). Sexenios de investigación: guía práctica. https://rebusca.usc.gal/sexenios-investigacion

 

CONVOCATORIA ACTUAL

  • Convocatoria 2023 (Resolución de 19 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se aproba a convocatoria de avaliación da actividade investigadora. BOE 22 de decembro de 2023).
  • Criterios específicos (Resolución de 5 de decembro de 2023, da Comisión Nacional Avalidora da Actividade Investigadora, pola que se publican os criterios para a avaliación da actividade investigadora. BOE 16 de decembro de 2023).
  • Baremo xeral (facilitado pola dirección da ANECA a todos os Comités Asesores).
  • Baremos específicos (elaborados por los Comités Asesores).
  • Composición dos comités

MARCO XURÍDICO XERAL

A convocatoria de sexenios de investigación de 2023 é a primeira que se realiza despois da entrada en vigor da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, e do Real Decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas dos devanditos corpos.

O artigo 21.6 deste real decreto establece que «ANECA deberá garantir a coherencia dos méritos, competencias e criterios utilizados nos seus diversos procedementos de avaliación», referíndose aos sexenios de investigación e á acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios.

Con estes obxectivos incorpora as seguintes novidades:

1.  Amplíase o tipo de achegas susceptibles de avaliación, a través dunha consideración máis ampla das achegas «extraordinarias» en todos os campos, respectando a especificidade de cada disciplina científica.

2.  Realízase un reaxuste na combinación dos métodos cualitativos e os indicadores cuantitativos utilizados para a valoración das achegas presentadas aconsellando integrar, de maneira flexible, as orientacións do movemento internacional de reforma da avaliación da investigación, ao que se incorporou ANECA no ano 2023 a través da súa adhesión á San Francisco Declaration on Research Assessment (DORA) e aos acordos e principios da Coalition for Advancing Research Assessment (CoARA).

Nos diversos campos e subcampos de avaliación isto concrétase, conforme ás regras aplicables a cada disciplina científica, na solicitude dunha narración xustificativa dos indicios de relevancia e impacto de cada achega, apoiados por un uso responsable de indicadores cuantitativos.

3.  Esta convocatoria alíñase necesariamente coa recente Lei 17/2022, do 5 de setembro, pola que se modifica a Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

O artigo 37.1 da Lei, tras a súa modificación, pretende favorecer que os resultados da investigación, incluídas as publicacións científicas, datos, códigos e metodoloxías, estean dispoñibles en acceso aberto, cuxo acceso gratuíto e libre debe fomentarse mediante o desenvolvemento de repositorios institucionais ou temáticos de acceso aberto, propios ou compartidos.

Os artigos 12.8 e 12.9 da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, precisan, ademais, que as axencias de calidade incluirán entre os seus criterios e requisitos de avaliación a accesibilidade en aberto dos resultados científicos do persoal docente e investigador e utilizarán os repositorios institucionais como forma de acceso á documentación, para garantir a axilidade dos procedementos de avaliación.

Como recoñece o artigo 37.6 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, respéctase o dereito de atribución ou transferencia a terceiros dos dereitos sobre as publicacións que impidan que estas estean en acceso aberto, aceptando achegas que, aínda que estean depositadas, estean embargadas.

4.   Novo «Campo 0. Interdisciplinar e multidisciplinar». A este campo poderán acollerse aquelas persoas cunha traxectoria investigadora de carácter claramente interdisciplinar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán presentar as súas achegas neste campo cando consideren que, no seu conxunto, son de difícil encaixe no resto dos campos por incluír achegas a diversas disciplinas (traxectoria multidisciplinar).

5.  Ordena e homoxeneiza a información da sección II de criterios específicos para os diferentes campos, de forma que en todos eles detállanse:

  • as achegas ordinarias e extraordinarias preferentes no campo,
  • a valoración que se realiza destas achegas,
  • e os mínimos orientadores para obter unha valoración positiva.
En coherencia co proceso de reforma iniciado, é intención da CNEAI, en próximas convocatorias, eliminar as referencias a este apartado de mínimos orientadores, de forma que en todos os campos se poida alcanzar unha avaliación positiva presentando cinco achegas que cumpran cos criterios xerais de avaliación.