Táboa de contidos
1. Poderanse presentar 5 achegas principais que ademais poderán estar acompañadas de 2 achegas máis substitutivas. Ditas achegas serán seleccionados polo solicitante.
De forma excepcional poderá reducirse o número de achegas no caso de sexan traballos que teñan unha relevancia extraordinaria e tiveran un alto impacto científico e social, ou ben o solicitante no período sometido a evaluación xustificara debidamente situacións excepcionais (permisos de maternidade, paternidade, excedencias, etc. - consultar convocatoria na páx. 166274).
As achegas que se presenten a un sexenio de investigación non poderán presentarse a unha posterior convocatoria de sexenios de transferencia.
2. Só serán valorables achegas que contribúan ao progreso do coñecemento e presenten impacto científico e social.
No proceso de avaliación aplicaranse criterios e metodoloxías de avaliación cualitativas e cuantitativas. Neste senso teranse en conta os "indicios de relevancia e impacto" de cada achega. Neste apartado da solicitude terase que defender o impacto científico da contribución (citas recibidas -excluíndo as autocitas-, proxección nacional e internacional, financiación, premios, etc.). Na narrativa achegada farase un uso responsable de indicadores cuantitativos (indicadores bibliométricos normalizados, entre outros).
3. En tódolos campos valoraranse positivamente os resultados de investigacións multidisciplinares e interdisciplinares.
4. Promoverase a investigación nas linguas oficiais dos territorios, por este motivo as achegas en español e outras linguas cooficiais non poderán considerarse un demérito.
5. Requerirase o depósito dos resultados da investigación, que se vaian someter a avaliación, en repositorios institucionais, temáticos ou xeneralistas de acceso aberto, incluíndo un identificador persistente (DOI, Handle, etc.)
As persoas solicitantes deberán achegar evidencia de ter depositado unha copia da versión final da contribución aceptada para publicación nun repositorio de acceso aberto, acceso restrinxido, embargado ou con acceso só aos metadatos, se se trata de:
Recomendamos que o depósito se realice no repositorio institucional da USC, MINERVA, que ademais de dar visibilidade á produción científica da universidade, ten a vantaxe de que a biblioteca do seu centro ofrece o soporte necesario para subir os documentos. |
Os conxuntos de datos que se sometan a avaliación deberán cumprir cos principios FAIR (doados de atopar, accesibles, interoperables e reutilizables) e sempre que sexa posible se difundirán en acceso aberto en repositorios ou infraestructuras de datos de confianza.
No caso de programas de ordenador, valoraranse as contribucións relevantes a programas distribuídos como software libre (que cumpra coa Open Source Inicitative).
6. Para que unha achega sexa considerada, a persoa solicitante debe ter participado activamente nos traballos desta, concretando a súa contribución específica nos casos de coautoría ou autoría múltiple. No caso de publicacións esta información deberá achegarse de acordo coa taxonomía CRediT ou ben se a publicación non require esta acreditación ou se presenta outro tipo de achega, deberá incluírse na narrativa da solicitude, tomando como referencia esta taxonomía -recoméndase empregar o campo Resumo-. Tamén deberá declarse o uso da Intelixencia Artificial xenerativa, sempre que afecte ao contido orixinal da achega.
7. No caso das publicacións, a indexación nun determinado repertorio bibliográfico ou base de datos pode servir como argumento complementario na defensa narrativa que se faga da achega, pero non por isto obter unha valoración positiva desta, sen ter en conta a calidade intrínseca do contido.
8. Todas as achegas deberán estar publicadas ou rexistradas tendo en conta a tipoloxía á que pertencen, nos anos nos que se someten a avaliación.
9. Non se considerarán contribucións válidas os libros e capítulos de libros autopublicados ou financiados pola persoa solicitante sen o concurso de procesos de avaliación dos orixinais a través dos procedementos comunmente recoñecidos.
10. No apéndice da resolución (páx.166293 e 166294) inclúese unha táboa cunha lista de posibles métricas, fontes e dimensións para evidenciar o valor de cada achega.