Táboa de contidos
Valorarase:
En ningún caso, a publicación en revistas de acceso aberto, gold, diamante ou en revistas híbridas exime o depósito das publicacións nun repositorio; aínda que, sendo a primeira vez que se inclúe este requisito, os comités asesores terán flexibilidade a este respecto. |
** Recordamos que o depósito nun repositorio de acceso aberto é un requisito administrativo -en caso de incumprimento a ANECA requirirá subsanación da solicitude- unicamente para:
Recomendamos que o depósito se realice no repositorio institucional da USC, MINERVA, que ademais de dar visibilidade á produción científica da universidade, ten a vantaxe de que a biblioteca do seu centro ofrece o soporte necesario para subir os documentos. |
Ver Recomendacións REBIUN: Sexenios e repositorios institucionais.
Valorarase a publicación, sempre que sexa posible, de forma aberta e transparente dos datos de investigación, metodoloxías e programas de computador, a través de infraestruturas especializadas ou repositorios que cumpran con estándares de metadatos e conservación a longo prazo, facilitando a súa replicabilidade, reproducibilidade, accesibilidade, reutilización e perdurabilidade, así como o escrutinio científico.
No caso dos resultados de investigación, é relevante que o depósito e/ou publicación en aberto se realice en infraestruturas e/ou repositorios agregados ou de confianza, que garantan o cumprimento de estándares internacionais (por exemplo, Zenodo, GitHub ou calquera dos repositorios presentes en RECOLECTA).
Para unha adecuada descrición é necesario especificar os repositorios ou infraestruturas onde se atopan depositadas as achegas, así como o seu identificador único persistente (por exemplo, DOI, Handle, ARK, SWHID ou, en xeral, unha URI/URL única permanente).
Neste apartado poderanse utilizar evidencias das métricas de uso, lectura e reutilización, debidamente contextualizadas. Poden empregarse os propios repositorios e plataformas onde se recollen as achegas como fontes para extraer estas métricas. |
Recoméndase:
Para unha información máis detallada ver o apartado desta guía Conxuntos de datos de investigación. |
Valoraranse as achegas froito da xeración de coñecemento realizada:
FERRAMENTAS RECOMENDADAS