Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Tipos de achegas

ACHEGAS ORDINARIAS

As achegas principais ou ordinarias seleccionadas para a súa avaliación deberán ser:

  • Libros, capítulos de libros, prólogos, introducións e anotacións a textos de recoñecido valor científico na súa área de coñecemento.
  • Artigos de valor científico en revistas de recoñecido prestixio no seu ámbito. Admítense artigos aceptados e publicados en online first, ahead of print, etc., sempre que dispoñan de identificador persistente: DOI, Handle, ARK, SWHID ou, en xeral, unha URI/URL única permanente.
  • Patentes ou modelos de utilidade de importancia económica demostrable.

ACHEGAS EXTRAORDINARIAS

Como achegas extraordinarias poderán presentarse:

  • Traballos técnicos ou artísticos, exposicións, escavacións arqueolóxicas ou achegas a congresos.
  • Conxuntos de datos, metodoloxías, programas de computadora ou os modelos de aprendizaxe automática…

Respecto ás prepublicacións admítense achegas dispoñibles en liña, aceptadas e publicadas, incluso nos novos sistemas coñecidos como publicación contínua (forthcoming, in press...) coa obrigatoridade de presentar o identificador persistente (DOI, Handle...) ou unha URI/URL única persistente.

ACHEGAS SUBSTITUTORIAS

A persoa solicitante poderá incluír ata dúas achegas substitutorias debidamente referenciadas e identificadas como tales, que poidan substituír a outras tantas das presentadas en primeiro termo, e que o órgano avaliador poida considerar de calidade suficiente para alcanzar a puntuación mínima requirida.

Estas achegas deberán corresponder ao mesmo tramo de investigación elixido para conformar o sexenio.

Selección do campo de avaliación

A persoa solicitante propón o campo de avaliación polo que desexa ser avaliado segundo o seu perfil de publicación, puidendo seleccionar ata dous campos, un prioritario e, opcionalmente, outro alternativo.

ANECA pode recolocar unha solicitude noutro campo se, ao seu entender, esta encaixa mellor nun campo distinto ao indicado pola persoa solicitante.

Cómpre lembrar que, este ano, ANECA incorpora o Campo 0. Interdisciplinar e Multidisciplinar, para persoas con este perfil de publicación.