Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Campo 8. Ciencias Económicas e Empresariais

1. Sobre as achegas:

  • Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros e as patentes.
  • Neste campo aceptaranse un máximo de dúas achegas extraordinarias.
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, notas, cartas ao/á editor/a e similares.

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou naquelas que recibisen un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: valorarase:
    • o prestixio da editorial
    • o prestixio das/os editoras/es
    • a colección en que se publica a obra
    • se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio e as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas
  • PATENTES: 
    • valoraranse preferentemente aquelas en explotación (B1), demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
    • as patentes concedidas pola Oficina Española de Patentes e Marcas mediante o sistema de exame previo 
    • a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a de protección máis extensa

3. Mínimos orientadores para a valoración positiva:

Poderase alcanzar unha avaliación positiva nas áreas de Ciencias Económicas e Empresariais presentando preferentemente cinco achegas que sexan artigos publicados en revistas ou plataformas como as citadas. Polo menos dúas destas achegas demostrarán unha relevancia e impacto alto.

4. Baremo específico Campo 8, elaborado polo Comité AsesorAs dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidente: Juan Llopis Taverner. Catedrático de Organización de Empresas. Universitat d´Alacant.(juan.llopis@ua.es)