Táboa de contidos
A dimensión das citas é un indicador do impacto da achega e artéllase de tres formas diferentes:
O número de citas trata de determinar o impacto da achega mesma en autores influíntes dentro da disciplina ou en publicacións influíntes. Tamén, tendo en conta as citas recibidas en seccións influíntes dentro das publicacións, trata de determinar se a achega a exame ten relevancia probada a nivel teórico ou a nivel metodolóxico e que lugar ocupa en relación con achegas similares na mesma disciplina.
As seguintes métricas, que menciona a convocatoria, teñen un carácter orientativo.
FONTES PARA EXTRAER ESTAS MÉTRICAS
Recoméndase engadir datos cualitativos sobre as citas como, por exemplo, de onde proceden (personas, revistas) ou tamén a progresión de citas no tempo. |
FERRAMENTAS DA FECYT (RECURSOS CIENTÍFICOS)
As métricas de uso é lectura céntranse na cantidade de uso que recolle o número de descargas, visualizacións ou visitas que recibiu unha achega en infraestruturas dixitais académicas, repositorios científicos ou plataformas editoriais.
É preciso que os datos estean debidamente xustificados e contextualizados, por exemplo, especificando os países, cidades e, de ser o caso, institucións que accederon ás achegas e a súa relevancia.
FONTES PARA EXTRAER ESTAS MÉTRICAS
A convocatoria propón o número de mencións como un indicio relacionado co impacto social dunha achega. Trátase de mencións en documentos non académicos feitas por axentes sociais, culturais, económicos ou políticos. Pode tratarse de documentos normativos, patentes, informes políticos ou de implementación de políticas públicas. Tamén se recolle, no número de mencións, as noticias en medios convencionais, guías clínicas, etc. O número de mencións trata de capturar os beneficios e trascendencia xenerada por unha achega fóra do ámbito académico e, tamén, a relevancia e alcance das institucións que fan uso da achega.
FONTES PARA EXTRAER ESTAS MÉTRICAS
FERRAMENTA RECOMENDADA
Esta dimensión fai referencia ao número de interaccións en internet dende o punto de vista da súa difusión. Non só inclúe o número de mencións, senón tamén outras métricas como o número de veces que a achega foi gardada nos favoritos dun medio de difusión ou o número de réplicas, reenvíos, ou de veces que se compartiu. O que se trata de recoller con estes datos é a audiencia coa que se tivo interacción tendo en conta a variedade xeográfica, linguística e a influencia.
Estas métricas non son obrigatorias e non todas as achegas contan con este tipo de visibilidade.
FONTES PARA EXTRAER ESTAS MÉTRICAS