Táboa de contidos
Segundo os criterios xerais, na Sección 1, aceptaranse achegas ordinarias e extraordinarias.
Entre as achegas ordinarias valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e os capítulos de libros.
Para as áreas de Artes, entre as achegas extraordinarias poderán valorarse as achegas a congresos publicadas en medios convenientemente acreditados, o comisariado de exposicións de obra artística, a obra premiada, os proxectos de conservación ou restauración, os proxectos artísticos e a creación e interpretación teatral, coreográfica ou musical e as edicións críticas, segundo a área.
No Campo 10 aceptaranse un máximo de dúas achegas extraordinarias nas áreas de Historia e poderán chegar a cinco nas de Artes. No caso das achegas artísticas ou creativas será obrigatorio presentar evidencias claras que permitan identificar o obxecto da evaluación (documentación gráfica ou audiovisual), a calidade do medio de exhibición e a súa difusión.
Só nos casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderá valorarse a edición de enciclopedias ou dicionarios, a coordinación, edición ou tradución de texto que non inclúa estudos preliminares ou anotacións críticas; a edición, dirección ou coordinación de números monográficos en revistas ou libros; as transcricións, se non van acompañadas de xuízo crítico ou análise histórica do documento; os prólogos e introducións convencionais; as catalogacións que non incorporen estudos históricos ou artísticos ou as revisións de partituras.
Tamén se terán en conta criterios sobre a calidade do medio de difusión; tipo de espazo/evento expositivo e a sua proxección (internacional/nacional); edición de catálogo (extensión, relevancia das/dos autoras/es dos textos, tradución a outras linguas, etc.); patrocinadoras, produtoras, promotoras ou distribuidoras; tipo de convocatoria e forma de adxudicación (tipo, cuantía, etc.); e existencia de xurado, comité externo, comisión de seguemento ou similar.
Finalmente, teranse en conta criterios sobre a repercusión da achega: identificación e relevancia de medios especializados; referencias bibliográficas recollidas en libros ou catálogos, revistas especializadas, bibliografías académicas, medios audiovisuais, etc.; invitación a participar en obradoiros, conferencias, etc., así como premios e mencións.
No caso de participación en agrupacións ou compañías, terase en conta ademais o nivel de responsabilidade, así como o nivel e a relevancia da compañía; relevancia do/da director/a e dos/as intérpretes participantes e vinculación a proxectos de investigación relevantes concedidos en convocatoria pública competitiva.
A calidade do medio de difusión valorarase na calidade do tipo de espazo (auditorio, teatro e outros) e a súa proxección nacional e internacional en certames e festivais, a súa itinerancia (outros espazos teatrais, festivais, certames ou similares de relevancia, salas de proxección, etc.); patrocinadoras, produtoras, promotoras ou distribuidoras do proxecto; subvencións, tipo de convocatoria e forma de adxudicación (tipo, cuantía, etc.), relevancia do xurado, comité externo, comisión de seguimiento ou similar.
Ademáis, en relación coa repercusión da achega, valorarase a identificación e relevancia de medios especializados: referencias bibliográficas recollidas en libros ou catálogos, revistas especializadas, bibliografías académicas, medios audiovisuais, arquivos ou repositorios; a invitación a participar en talleres, conferencias, etc.; e os premios e mencións.
Respecto á interpretación, considerarase a súa innovación metodolóxica interpretativa, calidade da execución, estrea e repercusión en medios especializados; actividades derivadas da achega, como xiras e concertos, a impartición de clases maxistrais, talleres de especialización, etc.
No caso de participación en agrupacións orquestais, terase en conta, ademáis, o nivel de responsabilidade na súa execución, así como o nivel e relevancia da agrupación. Valorarase tamén a calidade do tipo de espazo (auditorio e outros), da súa estrea e nterpretación, a súa proxección nacional e internacional en concertos e festivais, o prestixio do medio de difusión e das institucións ou empresas que encargan o proxecto e a súa forma de adxudicación. Do mesmo xeito valoraranse as obras publicadas en formato impreso, fonográfico ou videográfico. No primeiro caso, atenderase ao prestixio da editorial de acordo co recollido anteriormente. No resto de circunstancias terase en conta o prestixio dos produtores, distribuidoras e selo discográfico, así como da obra musical, do director/a, conxunto e intérpretes encargados da grabación; a vinculación a proxectos de investigación relevantes concedidos en convocatoria pública competitiva e os premios en concursos ou certames nacionais e internacionais.
Con carácter orientativo, poderáse chegar a unha valoración positiva nas áreas de Historia e Historia da arte presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo alomenos unha achega que sexa un libro monográfico de investigación de alta relevancia e impacto ou ben dúas achegas que sexan artigos con alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas como as citadas, ou ben unha aportación que sexa un artigo e outra un capítulo de libro coas mesmas características.
Con carácter orientativo, poderase alcanzar unha avaliación positiva nos ámbitos das Bellas Artes e Música presentando con preferencia achegas extraordinarias de relevancia e impacto. Do mesmo xeito, valorarase postivamente a presentación de, alomenos, unha achega ordinaria con alta relevancia e impacto que sexa un libro, un capítulo de libro ou un artigo publicado en revistas ou plataformas como as citadas.
Baremo específico propuesto por el Comité Asesor del Campo 10. As dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidenta: Pilar Toboso Sánchez. Catedrática de Historia Contemporánea. Universidad Autónoma de Madrid. (pilar.toboso@uam.es)