Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Campo 5. Ciencias da Natureza

1.Sobre as achegas:

  • Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente artigos científicos e, excepcionalmente, libros, capítulos de libros e series cartográficas temáticas. 
  • Neste campo aceptaranse un máximo de 2 achegas extraordinarias.
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse contribucións a congresos, proceedings, notas, comentarios, respostas ou cartas ao/á ediror/a e similares. 

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS:  valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe. 
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
    • prestixio da editorial
    • prestixio das editoras/es
    • colección na que se publica a obra
    • a obtención dalgún selo de calidade que puidera obter a colección ou o libro otorgado por unha institución de prestixio.
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas

3. Mínimos orientativos para a valoración positiva:

Poderase acadar unha avaliación positiva nas áreas de Ciencias da Natureza presentando preferentemente 5 achegas que sexan artigos con alta relevancia e impacto, publicados en revistas ou plataformas como as citadas.

4. Baremo específico Campo 5, elaborado polo Comité Asesor. As dúbidas sobre estes criterios deben remitirse á presidencia do Comité. Presidenta: María Trinidad Angosto Trillo. Catedrática de Fisioloxía Vexetal. Universidad de Almería. (tangosto@ual.es).