1. Sobre as achegas:
- Nas achegas ordinarias valoraranse preferentemente as patentes, os artigos científicos, os libros e capítulos de libros
- Neste campo aceptaranse un máximo de tres achegas extraordinarias, valorándose preferentemente os desenvolvementos tecnolóxicos
- Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse achegas a congresos, proceedings, notas, comentarios, respostas, cartas ao/á editor/a e similares.
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
- prestixio da editorial
- prestixio de editoras/es
- colección na que se publica a obra
- a obtención dalgún selo de calidade que puidera obter a colección ou o libro outorgado por unha institución de prestixio
- recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
- PATENTES: criterios a valorar:
- se están en explotación, demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
- se non están en explotación, se a concesión se levou a cabo con exame previo (tipo B2)
- a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a de protección máis extensa.
- DESENVOLVEMENTOS TECNOLÓXICOS: valoraranse preferentemente aqueles que involucren aspectos innovadores e estean recoñecidos como tales pola comunidade científico-técnica. Terase en conta o grao de innovación por medio do seu nivel de madurez tecnolóxica TRL, que debe ser superior a 5.
3. Mínimos orientativos para a valoración positiva
Poderase acadar unha avaliación positiva nas áreas de Tecnoloxías mecánicas e da Produción presentando preferentemente, dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo catro que sexan patentes, que cumpran os criterios establecidos, ou artigos con alta relevancia e impacto, publicados en revistas ou plataformas como as citadas.
4. Baremo específico Campo 6.1, elaborado polo Comité Asesor. As dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidente: Eulogio Castro Galiano. Catedrático de Ingeniería Química. Universidad de Jaén. (ecastro@ujaen.es)