Táboa de contidos
O impacto científico do medio refírese aos indicadores bibliométricos de carácter cuantitativo que avalían a visibilidade dunha revista ou editorial dentro da comunidade científica.
Tal como establece a convocatoria, estas métricas abarcan unha variedade de indicadores que buscan determinar a relevancia e influencia do medio dentro de cada disciplina. O seu deseño tamén permite a comparación entre revistas en termos de rendemento. Cada base de datos posúe os seus indicadores.
A convocatoria sinala que estes indicadores de impacto deben ser contextualizados en relación á súa posición en listaxes referidas ás diferentes áreas do coñecemento e as súas disciplinas.
Estes son os principais:
O JIF é un índice bibliométrico que mide o promedio de citas que reciben os artigos dunha revista nun ano en particular. Sirve para comparar e avaliar a importancia relativa dunha revista determinada dentro dunha disciplina. O Journal Citation Reports, que publica o JIF cada ano, proporciona tamén un ranking de revistas por disciplina no que se especifica a posición relativa de cada unha delas xunto co factor de impacto, o cuartil e o percentil no que se atopan. O uso do JCR require autenticación. Tamén se pode acceder directamente dende a FECYT.
Citescore mide a relación de citas por artigo publicado. Calcúlase recollendo o número de citas recibidas por artigos publicados nunha revista nos últimos 4 anos, dividido polo número total de artigos publicados nese medio durante o mesmo período. Scopus Sources recolle o Citescore do ano anterior, xunto con o SJR e o SNIP. Scopus proporciona tamén a posición da revista dentro dunha disciplina dada e calcula o percentil.
O índice SJR dunha revista indica o número medio de citas ponderadas recibidas durante un ano seleccionado polos documentos publicados nesa revista durante os tres anos previos. SJR permite contextualizar a posición da revista polo SJR e tambén polo cuartil ao que pertence.
Producido por Dialnet, este indicador básease na análise do número de citas que recibiron os artigos publicados nos cinco anos anteriores relativo ao número total de publicacións por esa revista durante o mesmo período. A listaxe inclúe o cuartil e a posición relativa da revista dentro de cada disciplina xunto con número de citas recibidas.
Xunto ao factor de impacto e as certificacións de calidade existen outros produtos que ofrecen indicios de calidade sobre o medio de publicación que poden citarse como evidencia:
Web of Science Master Journal List
Permite localizar as revistas indexadas nas coleccións da Web of Science, tanto as que están incluídas en JCR coma as que non. O feito de que unha revista estea incluída en WOS supón que pasou o proceso de selección que establece Clarivate.
Google Scholar Metrics
Calcula o índice h de cinco anos das revistas incluídas en Google Scholar que publicaron como mínimo 100 artigos e recibiron algunha cita. Ofrece rankings das 100 revistas con índice h5 máis elevado, por idioma de publicación. Tamén ten unha edición española.
MIAR
É un recurso útil para coñecer en que bases de datos de citas está presente a revista, así como se está presente en bases de datos multidisciplinares, especializadas ou en recursos de avaliación. Está producido pola Universitat de Barcelona.
CIRC
Ten como obxectivo a construción dunha clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas en función da súa calidade, integrando os produtos de avaliación existentes considerados positivamente polas diferentes axencias de avaliación nacionais como CNEAI y ANECA. Clasifica as revistas en 5 categorías: Excelencia A+, grupo A, grupo B, grupo C e grupo D. A clasificación CIRC tamén aparece recollida en Dialnet.
ERIH+
ERIH PLUS é un índice europeo de revistas académicas na área das Humanidades e as Ciencias Sociais. Todas as revistas presentes en ERIH foron minuciosamente avaliadas. Os responsables actuais do seu mantemento son os Norwegian Social Science Data Services (NSD).
CARHUS+
É un sistema de clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanidades elaborado pola AGAUR. Analiza unhas 5.000 revistas, que clasifica en catro grupos: A, B, C e D. A súa cobertura abarca ata 2018.
Latindex
O Sistema Regional de Información en línea para Revistas Científicas de América Latina, el Caribe, España y Portugal produce un catálogo que inclúe revistas que cumpren unha serie de rigorosos criterios de calidade editorial (33 criterios de calidade para as revistas impresas e 36 criterios para as revistas electrónicas).
REDIB
A Rede Iberoamericana de Innovación e Coñecemento Científico mantivo, ata xuño de 2022, unha plataforma de agregación para contidos científicos e académicos de formato electrónico producidos no espazo iberoamericano, que ofrece acceso directo a documentos científicos e académicos, xunto cunha análie das citas dos artigos indexados e algúns indicadores. Ademais de ofrecer un ranking xeral, permite limitar a consulta por áreas temáticas, submaterias dentro de cada área, e países. O CSIC mantivo economicamento o proxecto ata decembro de 2022, pero actualmente a plataforma non se actualiza.
CAPES
É o organismo brasileiro que ten entre as súas funcións o mantemento do sistema Qualis para a avaliación da calidade das revistas científicas, tanto nacionais como internacionais. Os niveis indicativos da calidade van dende A1, o máis elevado, A2, B1, B2, B3, B4, B5 ata C (con peso cero). A súa cobertura chega ata 2020.
Academic Journal Guide
É un sistema de clasificación de revistas de economía e empresa elaborado pola Chartered Association of Business Schools do Reino Unido. Clasifica as revistas segundo a súa calidade editorial. Para á súa consulta require rexistro previo. A última edición é de 2021.
No referido á calidade da xestión editorial do medio, a convocatoria do CNEAI fai referencia ao recoñecemento que editoriais e revistas poden ter no relativo ao seu proceso de traballo.
No caso das revistas, fontes para extraer estos indicios de calidade poden ser:
No caso dos libros:
Outras fontes que proporcionan indicios de calidade editorial son:
Por último, a convocatoria tamén menciona o grao de internacionalización do comité editorial, xa se trate de revistas ou de coleccións de libros, como un indicio da súa calidade. A convocatoria ten en conta a relevancia das persoas pertencentes ao comité editorial do medio de publicación. Na redacción dos indicios, debe mencionarse esta información no contexto da disciplina. Normalmente a composición dos comités editoriais pódese atopar tanto nas versións electrónicas como nas impresas das revistas.
Nalgúns casos, o libros tamén conteñen este tipo de información cando se trata de coleccións de recoñecido prestixio.