Táboa de contidos
1.Descrición do campo 0:
O Campo 0 ten como última finalidade recoñecer as traxectorias na investigación de carácter interdisciplinar. En consecuencia, serán recoñecidas todas as achegas froito dunha investigación que acolla máis dunha disciplina, ou sexa, todos aqueles traballos deseñados ou estruturados partindo de distintas disciplinas no momento de aplicar perspectivas, teorías ou métodos vencellados a varios coñecementos.
Por outro lado, para este campo valoraranse as traxectorias multidisciplinares sustentadas en, cando menos, dúas achegas en dous campos ou disciplinas distintas no tempo do período avaliado.
Os investigadores que soliciten os sexenios poderán presentar as súas achegas neste Campo 0 cando aprecien e, dalgunha maneira, xustifiquen, que os seus traballos non poden ser avaliados desde unha óptica disciplinar única.
En consecuencia, serán admitidas de acordo cos criterios xerais as achegas ordinarias e extraordinarias, tendo estas últimas como máximo dúas contribucións.
2. Valoración das achegas:
3. Mínimos orientativos para a valoración positiva:
Sempre a xeito de orientación, a avaliación positiva no Campo 0, Interdisciplinar e Multidisciplinar, poderase alcanzar cando se presenten cinco achegas de relevancia e impacto xustificados que, ademais, estean inseridas cando menos en dúas tipoloxías de achegas diferentes de entre as aceptadas en calquera dos 11 Campos disciplinares contemplados.
En calquera caso, neste Campo 0 a aposta se encamiña ao recoñecemento e promoción da diversidade dos procesos e resultados da investigación.
4. Baremo específico Campo 0, elaborado polo Comité Asesor. As dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidente: Iván Area Carracedo. Catedrático de Matemática Aplicada. Universidade de Vigo (area@uvigo.gal)