Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Campo 2. Química

1.Sobre as achegas:

  • Valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros e as patentes.
  • Aceptaranse un máximo de dúas achegas extraordinarias.

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
    • prestixio da editorial
    • prestixio das/dos editoras/es
    • colección na que se publica a obra
    • a obtención dalgún selo de calidade que puidera obter a colección ou o libro outorgado por unha institución de prestixio.
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • PATENTES: criterios a valorar:
    • se están en explotación, demostrada mediante contrato de compraventa ou contrato de licenza. 
    • se non están en explotación, se a concesión se levou a cabo cun exame previo (tipo B2)
    • a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a máis extensa.

3. Mínimos orientativos para a valoración positiva:
Poderase alcanzar unha avaliación positiva nas áreas de Química presentando preferentemente cinco achegas que sexan artigos con alta relevancia e impacto, publicados en revistas ou plataformas como as citadas. 

4. Baremo específico Campo 2, elaborado polo Comité Asesor. As dúbidas sobre estes criterios deberán ser remitidas á presidencia do propio Comité. Presidente: Juan Carlos Vidal Ibáñez. Catedrático de Química Analítica. Universidad de Zaragoza. (jcvidal@unizar.es).