Ir ao contido principal

Sexenios de investigación

Guía de axuda ao PDI para concorrer á convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA

Requisitos mínimos para a avaliación positiva

Nesta convocatoria prodúcese un cambio no modelo de avaliación:

  • Elimínanse as métricas e as súas fontes nos criterios específicos de cada campo, dando un peso maior á valía da achega có medio no que se difunde.  A ANECA establece uns requisitos mínimos para acadar unha valoración positiva en cada un dos campos.

Estes requisitos poden consultarse nesta guía, no apartado correspondente de cada campo. (Ver Criterios de avaliación)

  • De acordo co artigo 37 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, e o artigo 12 da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, requirirase o depósito dos resultados da investigación que se sometan a avaliación en repositorios institucionais, temáticos ou xeneralistas de acceso aberto, incluíndo un identificador persistente (DOI, Handle, ARK, SWHID ou, en xeral, unha URI/URL permanente).

As persoas solicitantes deberán achegar evidencia de ter depositado unha copia da versión final da contribución aceptada para publicación nun repositorio de acceso aberto, acceso restrinxido, embargado ou con acceso só aos metadatos, se se trata de:

  • un artigo publicado con posterioridade á entrada en vigor da Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (02/12/2011).
  • calquera outro tipo de publicación científica (libro, capítulo de libro, patente...) posterior á entrada en vigor da Lei 17/2022, de 5 de setembro, de modificación da Lei 14/2011, da Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. (07/09/2022).

Recomendamos que o depósito se realice no repositorio institucional da USC, MINERVA, que ademais de dar visibilidade á produción científica da universidade, ten a vantaxe de que a biblioteca do seu centro ofrece o soporte necesario para subir os documentos.

(Ver O repositorio da USC: Minerva).

  • Para o resto de achegas, cuxo depósito en aberto non ten mandato legal, a ANECA recomenda poñer un punto (.) no campo obrigatorio da solicitude para o "Identificador persistente", e incluir o texto completo en PDF na solicitude. 
  • Para poder acadar unha avaliación positiva as achegas deberán supoñer unha contribución ao progreso do coñecemento e presentar impacto científico e social, entendendo este último como os beneficios evidenciables que achega o coñecemento mais aló  do ámbito académico.
  • Tomarase como referencia a narrativa achegada pola persoa solicitante nos “indicios de relevancia e impacto” de cada contribución. Neste apartado da solicitude defenderase o impacto científico da achega a través de:
    • citas recibidas contextualizadas excluíndo autocitas,
    • da súa proxección nacional e internacional,
    • dos proxectos nacionais e internacionais que financiaron a investigación ou que se derivaron desta,
    • das traducións da obra,
    • do cumprimento de estándares de ética e integridade na investigación,
    • dos premios recibidos, entre outros.
  • Tamén a contribución da dita achega á xeración de impacto social evidenciado, por exemplo, a través de contribucións ao deseño e implementación de políticas públicas, contribución ao desenvolvemento de solucións a problemas sociais ou calquera outro aspecto que se considere relevante.
  • No caso das publicacións, a súa indexación nun determinado repertorio bibliográfico ou base de datos pode servir como un argumento complementario na defensa narrativa que se faga da achega, peno non para obter de xeito automático unha valoración positiva sen ter en conta a calidade intrínseca do contido.
  • Co fin de promover a investigación nas linguas oficiais dos territorios, as achegas en español ou noutras linguas cooficiais non poderán considerarse un demérito, máxime cando a súa utilización en distintos campos científicos evidencie a coherencia e o compromiso que son esixibles coas realidades obxeto de estudo. Tampouco poderá considerarse un demérito a presentación de achegas na lingua oficial do país onde se realizou a mesma.
  • Para que unha achega sexa considerada, a persoa solicitante deberá ter participado activamente nos traballos que lle deron orixe, concretando a súa contribución específica a estes nos casos de coautoría ou autoría múltiple.

 

PUNTUACIÓN RECOLLIDA NO BAREMO XERAL

Contribución ao progreso do coñecemento na área 10%              
Impacto científico 60%
Impacto social 10%
Contribución á Ciencia Aberta 10%
Achega preferente segundo o campo de coñecemento 10%
Reiteración de publicacións -15%
Autoría insuficientemente xustificada -15%
Malas prácticas de publicación (reiteración de contidos, plaxio, artigos retractados...) -25% a -100%

Os Comités asesores e, no seu caso, as persoas especialistas consultadas deberán formular un xuízo técnico sobre as achegas avaliadas á persoa solicitante. O xuízo técnico expresarase en termos numéricos de cero a dez, sendo preciso un mínimo de seis puntos para obter unha avaliación positiva nun tramo de seis anos.

Cada achega valórase entre 0 e 10 puntos. Cómpre, polo tanto, alcanzar un mínimo de 30 puntos (media de 6) para acadar o sexenio.

Ver Baremo xeral.