O Portal, xestionado pola Biblioteca Universitaria e a Área de Promoción e Estratexia Científica, recolle a produción científica da Universidade de Santiago de Compostela dando visibilidade e transparencia á súa actividade investigadora a través dos resultados e da análise do seu impacto. Permite a consulta por investigador, áreas de coñecemento, departamentos, institutos e grupos de investigación. É preciso estar identificado para editar os datos persoais, descargar informes e consultar os indicadores bibliométricos.
Entre os seus obxectivos están:
O Portal contén a produción científica dos/as investigadores/as da Universidade de Santiago de Compostela, tanto de xeito individual como agrupados en Grupos de Investigación, asi como os resultados globais da Universidade.
- Grupos: Departamentos, Centros singulares, Institutos, Centros de Investigación Interuniversitarios. Datos do grupo, investigadores/as membros, liñas de investigación, oferta científica, proxectos, publicacións, colaboración, patentes (extraídas da base de datos Invenes de la OEPM), especialidades predominantes, teses dirixidas por membros do grupo e indicadores.
- Investigadores/as: Perfil persoal (adscrición a departamento, área, instituto, grupo de investigación, ligazóns aos identificadores), publicacións, colaboración, teses, patentes (extraídas da base de datos Invenes de la OEPM), proxectos e indicadores.
- Resultados globais da USC: publicacións, acceso aberto, teses dirixidas e defendidas, colaboración, patentes, indicadores globais e datos de investigación importados desde DataCite.
