Podemos introducir o nome do investigador directamente na caixa de busca ou ben acceder aos perfís filtrando por centros singulares, institutos, agrupacións estratéxicas de I+D+i, departamentos, facultades e áreas de coñecemento.
Na parte superior, ademais, hai unha caixa "Buscador de especialistas" dende a que se pode introducir un tema de interese mediante palabras chave e o sistema amosará a listaxe de autores relacionados coa nosa busca. Este buscador ten en conta a descripción do/a especialista, área de coñecemento, nomes dos proxectos nos que participa; nomes, palabras chave, descrición, liñas ou ofertas dos grupos aos que pertence; títulos ou palabras chave dos documentos de que é autor (non as palabras que aparezan no texto do documento).
]