Ademáis de editar información do seu perfil, solicitar á biblioteca que inclúa novas publicacións da súa autoría, textos completos ou datos de investigación, o autor/a pode realizar distintos tipos de descargas desde o seu perfil.
1. Descarga das súas publicacións e indicadores en distintos formatos
Para a descarga das publicacións do autor en distintos formatos, o investigador/a debe ir a "Publicacións" e realizar a descarga de todas as publicacións ou das seleccionadas previamente.
Para executar a descarga, debe clicar na frecha de descarga que se atopa no extremo da dereita e seleccionar o tipo de descarga e formato
2. Descarga do informe de indicios de visibilidade e impacto (formato Word). NOVO*
Especialmente deseñado para presentar ás convocatorias de avaliación da carreira docente e investigadora da ANECA. Só ten en conta os documentos de tipo: artigos, libros, capítulos de libro e ponencias de congresos, cun máximo de 10 publicacións seleccionadas.
Videotitorial elaborado por Dialnet CRIS (04':06'').
A BUSC ofrece sendas guía para asesorar ao PDI no relativo ás convocatorias de sexenios e acreditacións da ANECA. Se vostede ten intención de participar nestas convocatorias e precisa a axuda da biblioteca, empregue o correo electrónico para solicitala, achegando este informe extraído do Ortal.
3. Descargas das publicacións asociadas ao Grupo do que o autor é responsable:
Os autores/as que son responsables dun Grupo de Investigación terán un apartado no menú lateral da esquerda chamado "Grupos de Investigación".
Posteriormente, poderá marcar todas as publicacións do grupo picando sobre a frecha da dereita ou seleccionalas.. Despois indicará que tipo de descarga desexa: datos bibliográficos ou datos bibliográficos máis indicadores. Tamén terá que seleccionar o formato de descarga.
4. Descarga do seu Impacto Normalizado.
Desde a área de informes do autor, o propio investigador poderá realizar uhna descarga do seu impacto normalizado, que toma como fonte de datos as súas publicacións en Scopus e segue as instruccións publicadas do Ministerio de Ciencia e Innovación:
No caso de autores con varias áreas, elixirase a máis favorable no cómputo do IN. É dicir, escollerase a área con máis citas mundiais para obter o impacto máis favorable ao autor. Para poder xerar o informe o autor/a debe ter en Scopus, polo menos, un artigo de revista ou revisión entre os anos 2015-2018. Se conta con varias páxinas en Scopus, só se realizará o cálculo de acordo ás publicacións que aparezan na súa páxina Scopus seleccionada como preferida.
5. Proceso de descarga do CVN
Únicamente os investigadores poderán descargar o seu CVN identificándose e editando o seu perfil no Portal.
Na columna esquerda ir a Informes e seguidamente, na dereita, a Obter CVN.
A primeira vez que se faga a descarga aparecerá a caixa baleira (non records found).
Picar en Nova descarga e optar por completo. A descarga do pdf iniciarase inmediatamente.