Ir ao contido principal

ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario

Guía de axuda para obter a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes de Profesorado Titular de Universidade, ou Catedrática/o de Universidade.

Prazo

 

A información desta guía refírese ao novo procedemento establecido polo Real decreto 678/2023, de 18 de xullo, aplicable ás solicitudes presentadas a partir do 1 de abril de 2024.

 Logo ANECA Academia               Convocatoria permanente

 

ANECA estableceu como procedemento para realizar consultas a conta de correo electrónico: ayuda.acreditacion@aneca.es

Introdución

1. Introdución

1.1 Táboa de contidos

1.2 Cite esta guía

1.3 Marco xurídico

1.4 Novidades da útlima convocatoria (2024)

2. Recursos ANECA / REBIUN

2.1 Recursos da ANECA

2.2 Recursos da BUSC

3. O programa ACADEMIA

3.1 Que é?

3.2 Requisitos para optar á acreditación

3.3 Formalizar a solicitude

4.  Criterios xerais

4.1 Introdución

4.2 Investigación, transferencia e intercambio de coñecemento

4.3 Docencia

4.4 Liderado

4.5 Actividade profesional

5. Criterios específicos

5.1 Campo 0. Interdisciplinar e multidisciplinar

5.2 Campo 1. Matemáticas e Física

5.3 Campo 2. Química

5.4 Campo 3. Bioloxía Celular e Molecular

5.5 Campo 4. Ciencias Biomédicas

5.6 Campo 5. Ciencias da Natureza

5. 7 Subcampo 6.1 Tecnoloxías mecánicas e da Produción

5. 8 Subcampo 6.2 Enxeñaría da Comunicación, Computación e Electrónica

5. 9 Subcampo 6.3 Arquitectura. Enxeñaría Civil, Construción e Urbanismo

5. 10 Subcampo 7.1 Ciencias Sociais e Estudos de Xénero

5. 11 Subcampo 7.2 Ciencias do Comportamento e da Educación

5. 12 Campo 8. Ciencias Económicas e Empresariais

5. 13 Campo 9. Dereito e Xurisprudencia

5. 14 Campos 10 e 11. Historia, Filosofía e Arte

5. 15 Campo 11. Lingüística, Filoloxías Clásicas e Filoloxías Modernas

6. Os indicios de calidade

6.1. Por onde empezar 

6.1.1 O Portal da Investigación da USC

6.1.2 O repositorio da USC: Minerva

6.2 Métricas das achegas

6.2.1 Citación

6.2.2 Uso e lectura

6.2.3 Influencia ou adopción social

6.2.4 Visibilidade social

6.3 Métricas do medio de difusión (revista, editorial)

6.3.1 Impacto científico do medio

6.3.2 Outros recursos de avaliación do medio

6.3.3 Calidade na xestión

6.4 Métricas relacionadas coa contribución científica en aberto

6.4.1 Depósito en repositorios dixitais en acceso aberto

6.4.2 Compartir datos, metodoloxías, programas de ordenador e modelos de aprendizaxe automática

6.4.3 Ciencia Aberta á Sociedade

6.5 Outros indicios de calidade

6.5.1 Criterios de calidade das revistas

6.5.2 Criterios mínimos de calidade sobre o proceso editorial de libros e revistas

7. Modelos de recollida de indicios das achegas

7.1 Modelos en formato Word

8. Contacto

Esta guía comezou a elaborarse en febreiro de 2024 pero se trata dun documento vivo, sometido a permanente revisión para adaptalo ás novidades publicadas pola ANECA.

Ten atribuída unha licenza CC-BY-NC-SA que permite a súa copia, distribución, transformación e comunicación pública, sempre que se cite a fonte, sexa para uso non comercial e se empregue unha licenza idéntica.

Cite esta guía:

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. (2024). ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario. https://rebusca.usc.gal/

 

MARCO XURÍDICO XERAL

NOVIDADES

As novidades máis salientables do programa Academia tras a entrada en vigor da nova LOSU e do Real decreto 687/2023, do 18 de xullo, son as seguintes:

1.  ANECA publicou o 29 de xaneiro de 2024 o novo Procedemento para a obtención da acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios, que será de aplicación ás solicitudes presentadas a partir do 1 de abril de 2024, de acordo co disposto na disposición transitoria primeira do devandito real decreto.

As persoas solicitantes con expedientes iniciados e non finalizados antes do 1 de abril de 2024 poderán desistir do procedemento e solicitar a partir desa data a avaliación conforme ás novas previsións.

Neste novo procedemento garántese a axilidade e a petición de documentación accesible, en modo aberto, abreviada e significativa, utilizando os repositorios institucionais. Para iso, redúcese de forma moi importante a documentación acreditativa (principio de veracidade), e solicítase un currículo breve xerado seguindo o estándar CVN de FECyT.

2.  De acordo co artigo 21.2 do Real decreto 687/2023, ANECA someteu os criterios de avaliación de méritos e competencias e os requisitos mínimos de referencia para unha resolución positiva a un “trámite de participación non vinculante” cos actores interesados do conxunto da comunidade universitaria e científica.

Este trámite habilitouse entre o 13 e o 29 de febreiro de 2024 a través da nova plataforma de participación de ANECA: https://participa.aneca.es/

3.  Establécense novos criterios de acreditación, que incorporan os consensos emanados das máis de dúas mil propostas recibidas no trámite de participación. Os novos criterios foron publicados por Resolución da Directora da ANECA de 20 de marzo de 2024.

4. Concrétanse regras especiais en materia de igualdade, conciliación e discapacidade.

5. Amplíanse de 21 a 30 as comisións de acreditación, para reducir os tempos de resolución, e incorpórase en cada comisión a unha persoa especialista en integración da análise de xénero na avaliación, e a outra cun perfil interdisciplinar ou multidisciplinar.

6. Facilítase a atracción e recuperación de talento e foméntase a excelencia internacional a través do recoñecemento de programas estatais como I3 ou R3, ou internacionais como os financiados polo Consello Europeo de Investigación (ERC). .