Ir ao contido principal

ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario

Guía de axuda para obter a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes de Profesorado Titular de Universidade, ou Catedrática/o de Universidade.

Subcampo 6.3 Arquitectura, Enxeñaría Civil, Construción e Urbanismo

Comisión 15. Enxeñaría Civil 

1. Sobre as achegas:

  • Valoraranse preferentemente as patentes, os artigos científicos, os libros e capítulos de libros, e de forma extraordinaria tamén as achegas a congresos publicadas en medios convenientemente acreditados, os proxectos arquitectónicos, urbanísticos, patrimoniais ou de enxeñaría, os desenvolvementos tecnolóxicos e arquitectónicos, a participación en exposicións e no seu comisariado e as creacións artísticas e creativas.
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse notas, short communications, comentarios, respostas, cartas ao/á editor/a e similares.

2. Valoración das achegas:

  • PATENTES: criterios a valorar:
    • se están en explotación, demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
    • patentes concedidas pola Oficina Española de Patentes e Marcas mediante o sistema de exame previo
    • a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a máis extensa.
  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
    • prestixio da editorial
    • prestixio das/dos editoras/es
    • colección na que se publica a obra
    • obtención dalgún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • PROXECTOS SINGULARES ARQUITECTÓNICOS, URBANÍSTICOS, PATRIMONIAIS OU DE ENXEÑARÍA: valorarase:
    • o seu carácter innovador, constatado polos premios e distincións recibidos ou polo recoñecemento en concursos públicos competitivos
    • o seu impacto na literatura especializada nacional e internacional
    • ser mostrados en exposicións relevantes con catálogo que non sexa autoedición.
  • DESENVOLVEMENTOS TECNOLÓXICOS E ARQUITECTÓNICOS: valorarase:
    • preferentemente os de carácter científico, en función do seu impacto e relevancia
    • os aspectos innovadores
    • será obrigatorio presentar evidencias claras que permitan identificar o obxecto de avaliación e os seus resultados, a calidade do medio de exhibición e da súa difusión.
  • PARTICIPACIÓN EN EXPOSICIÓNS DE PRESTIXIO E AS DE CARÁCTER MONOGRÁFICO, DEDICADAS A UN SÓ AUTOR: considerarase:
    • especialmente a proxección do espazo expositivo (internacional, nacional, local)
    • o comisariado de exposicións, sempre que se publique un catálogo con repercusión nos medios académicos especializados nacionais e internacionais.
  • CREACIÓNS ARTÍSTICAS OU CREATIVAS: valorarase:
    • o seu carácter innovador, constatado polos premios e distincións recibidos
    • será obrigatorio presentar evidencias claras que permitan identificar o obxecto de avaliación (documentación gráfica ou audiovisual), a calidade do medio de exhibición e da súa difusión e impacto.

Comisión 16. Arquitectura, Construción e Urbanismo 

1. Sobre as achegas:

  • Valoraranse preferentemente as patentes, os artigos científicos, os libros e capítulos de libros, e de forma extraordinaria valoraranse tamén as achegas a congresos publicadas en medios convenientemente acreditados, os proxectos arquitectónicos, urbanísticos, patrimoniais ou de enxeñaría, os desenvolvementos tecnolóxicos e arquitectónicos, a participación en exposicións e no seu comisariado e as creacións artísticas e creativas.
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse notas, short communications, comentarios, respostas, cartas ao/á editor/a e similares.

2. Valoración das achegas:

  • PATENTES: criterios a valorar:
    • se están en explotación, demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
    • patentes concedidas pola Oficina Española de Patentes e Marcas mediante o sistema de exame previo
    • a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a máis extensa.
  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
    • prestixio da editorial
    • prestixio das/dos editoras/es
    • colección na que se publica a obra
    • obtención dalgún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • PROXECTOS SINGULARES ARQUITECTÓNICOS, URBANÍSTICOS, PATRIMONIAIS OU DE ENXEÑARÍAvalorarase: