Comisión 1. Matemáticas
1. Sobre as achegas:
- Valoraranse preferentemente os artigos científicos e as patentes.
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- PATENTES: criterios a valorar:
- se están en explotación, demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza.
- se non están en explotación, se a concesión se levou a cabo cun exame previo (tipo B2)
- a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a máis extensa.
Comisión 2. Física
1. Sobre as achegas:
- Valoraranse preferentemente os artigos científicos e as patentes