Ir ao contido principal

ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario

Guía de axuda para obter a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes de Profesorado Titular de Universidade, ou Catedrática/o de Universidade.

Campo 2. Química

Comisión 3. Química

1. Sobre as achegas

  •  Valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros e as patentes.

2. Valoración das achegas

  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: os criterios que se valorarán son os seguintes:
    • prestixio da editorial
    • prestixio das/dos editoras/es
    • colección na que se publica a obra
    • a obtención dalgún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
    • recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • PATENTES: criterios a valorar:
    • se están en explotación, demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
    • se non están en explotación, se a concesión se levou a cabo con exame previo (tipo B2)
    • a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a máis extensa.