Comisión 19. Ciencias Económicas
1. Sobre as achegas:
- Entre as achegas valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros e as patentes.
- Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, notas, cartas ao/á editor/a e similares.
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou naquelas que recibisen un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: valorarase:
- o prestixio da editorial
- o prestixio das/os editoras/es
- a colección na que se publica a obra
- se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
- as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas
- PATENTES: criterios a valorar:
- valoraranse preferentemente aquelas en explotación (B1), demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
- as patentes concedidas pola Oficina Española de Patentes e Marcas mediante o sistema de exame previo
- a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a de protección máis extensa
Comisión 20. Ciencias Empresariais
1. Sobre as achegas:
- Entre as achegas valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros e as patentes.
- Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, notas, cartas ao/á editor/a e similares.
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou naquelas que recibisen un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: valorarase:
- o prestixio da editorial
- o prestixio das/os editoras/es
- a colección na que se publica a obra
- se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
- as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas
- PATENTES: criterios a valorar:
- valoraranse preferentemente aquelas en explotación (B1), demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
- as patentes concedidas pola Oficina Española de Patentes e Marcas mediante o sistema de exame previo
- a a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a de protección máis extensa