Ir ao contido principal

ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario

Guía de axuda para obter a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes de Profesorado Titular de Universidade, ou Catedrática/o de Universidade.

Campo 11. Lingüística, Filoloxías clásicas e Filoloxías Modernas

Comisión 27. Lingüística e Filoloxías Clásicas 

1. Sobre as achegas:

  • Valoraranse preferentemente os libros, os artigos científicos, as edicións críticas con estudo introdutorio e notas, as edicións filolóxicas con aparato crítico e anotacións, os capítulos de libros, o comisariado de exposicións, as traducións especializadas, segundo a área.
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, artigos de opinión, notas, cartas ao/á a editor/a e similares.
  • Con carácter orientativo, poderase acadar unha avaliación positiva nas áreas de Filoloxías e Lingüística presentando, preferentemente dentro do grupo das cinco achegas, como mínimo unha achega con alta relevancia e impacto que sexa un libro monográfico de investigación, ou ben dúas achegas que sexan artigos de alta relevancia e impacto publicados en revistas ou plataformas de recoñecido prestixio ou con selo de calidade, ou ben un artigo ou unha edición con aparato crítico solvente e un capítulo de libro coas mesmas características.

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou nas que recibiran un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
  • LIBROS, EDICIÓNS CRÍTICAS CON ESTUDOS INTRODUTORIOS E APARATO CRÍTICO, EDICIÓNS FILOLÓXICAS CON APARATO CRÍTICO E ANOTACIÓNS E CAPÍTULOS DE LIBROS: valorarase o prestixio da editorial, de editoras/es, a colección na que se publica a obra, se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por una institución de recoñecido prestixio e as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
  • COMISARIADO DE EXPOSICIÓNS: catálogos que acheguen novidades relevantes de investigación con repercusión nos medios especializados nacionais e internacionais, axustándose, no seu caso, ao establecido para estas actividades no Campo 10 da Resolución de 5 de decembro de 2023.

Comisión 28. Filoloxías Modernas 

1. Sobre as achegas:

  • Valoraranse preferentemente: libros, artigos científicos, edicións críticas con estudo introdutorio e notas, edicións filolóxicas con aparato crítico e anotacións, capítulos de libros, comisariado de exposicións, traducións especializadas, segundo a área.
  • Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, artigos de opinión, notas, cartas ao/á editor/a e similares.

2. Valoración das achegas:

  • ARTIGOS: valoraranse preferentemente achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou nas que teñan recibido un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.