Comisión 4. Ciencias de la Naturaleza
1.- Sobre as achegas
- Valoraranse, preferentemente, artigos científicos. De xeito excepcional, poderían valorarse libros, capítulos de libros e series cartográficas temáticas.
- Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse contribucións a congresos, proceedings, notas, comentarios, respostas ou cartas ao/á editor/a e similares.
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBRO: Prestixio da editorial, editores ou editoras, colección na que se publica a obra e se a colección ou libro obtivo selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio, asi como as recensións recibidas en revistas científicas especializadas.