Comisión 26. Historia e Filosofía (campos 10 e 11)
1. Sobre as achegas:
- Valoraranse preferentemente tanto os libros e capítulos de libros como os artigos científicos.
- Só serán aceptábeis en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, os seguintes:
- A edición de enciclopedias ou dicionarios
- A coordinación, edición ou tradución de textos que non inclúan estudos preliminares ou anotacións críticas
- Edicións críticas con estudo introdutorio e notas
- O comisariado de exposicións
- Traducións especializadas, segundo a área
- Edición, dirección ou coordinación de números monográficos en revistas ou libros
- Transcricións, se non van acompañadas de xuízo crítico ou análise histórica do documento
- Prólogos e introducións convencionais
- Catalogacións que non incorporen estudos históricos ou artísticos
- Recensións, artigos de opinión, notas, cartas ao/á editor/a e similares.
2. Valoración das achegas
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas ou, tamén en editoriais de recoñecido prestixio ou nas que teñan recibido un selo de recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS: Referido aos libros, ás edicións críticas con estudos introdutorios e aparato crítico, ás edicións filolóxicas con aparato crítico e anotacións e aos capítulos de libros, valorarase o prestixio da editorial, de editoras/es, a colección na que se publica a obra, se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio e as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
Comisión 29. Arte (campo 10)
1. Sobre as achegas:
- Valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros.
- Para as áreas de Artes, de forma extraordinaria poderanse valorar:
- As achegas a congresos publicadas en medios convenientemente acreditados
- O comisariado de exposicións de obra artística
- A obra premiada
- Os proxectos de conservación ou restauración
- Os proxectos artísticos e a creación e interpretación teatral, coreográfica ou musical
- As edicións críticas, segundo a área
- No caso das achegas artísticas ou creativas será obrigatorio presentar evidencias claras que permitan identificar o obxecto de avaliación (documentación gráfica ou audiovisual), a calidade do medio de exhibición e a súa difusión.
- Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse:
- A edición de enciclopedias ou dicionarios
- A coordinación, edición ou tradución de textos que non inclúan estudos preliminares ou anotacións críticas
- A edición, dirección ou coordinación de números monográficos en revistas ou libros
- As transcricións, se non van acompañadas de xuízo crítico ou análise histórica do documento
- Os prólogos e introducións convencionais
- As catalogacións que non incorporen estudos históricos ou artísticos
- As revisións de partituras
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas ou, tamén, en editoriais de recoñecido prestixio ou nas que teñan recibido un selo de recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: valorarase o prestixio da editorial, de editoras/es, a colección na que se publica a obra, se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por una institución de recoñecido prestixio e as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
- EXPOSICIÓNS, OBRAS PREMIADAS, PROXECTOS DE CONSERVACIÓN OU RESTAURACIÓN E PROXECTOS ARTÍSTICOS, que se poderán presentar ás áreas de Belas Artes, valoraranse:
- Sobre a achega mesma
- O tipo, obxecto e magnitude da achega (individual/colectiva, largometraxe/curtametraxe, bens inmobles/ bens mobles, proxectos integrais, proxectos interdisciplinares, encargo de entidade relevante, etc.)
- A relevancia do proxecto (patrimonio cultural, BIC, etc.)
- Grao de innovación
- Itinerancia (outros espazos expositivos, festivais, certames ou similares de relevancia, salas de proxección, etc.)
- Relevancia do comisario/a e de artistas/investigadoras/es participantes
- Vinculación a proxectos de investigación relevantes concedidos en convocatoria pública competitiva
- Sobre a calidade do medio de difusión
- Tipo de espazo/evento expositivo e a súa proxección (internacional/nacional)
- Edición de catálogo (extensión, relevancia das/os autoras/es dos textos, tradución a outras linguas, etc.)
- Patrocinadoras, productoras, promotoras ou distribuidoras
- Tipo de convocatoria e forma de adxudicación (tipo, cuantía, etc.)
- Existencia de xurado, comité externo, comisión de seguimento ou similar
- Sobre a repercusión da achega:
- Identificación e relevancia de medios especializados
- Referencias bibliográficas recollidas en libros ou catálogos, revistas especializadas, bibliografías académicas, medios audiovisuais, etc.
- Invitación a participar en talleres, conferencias, etc., así como premios e mencións
CREACIÓN ARTÍSTICA
- Aceptaranse achegas de todas as disciplinas ou prácticas creativas dentro das áreas de Belas Artes e afíns, sempre que representen un avance do coñecemento ou innovación de carácter metodolóxico dende a investigación-creación.
- Comisariado de exposicións: teranse en conta só os proxectos que acheguen novidades relevantes de investigación, cun capítulo específico da persoa solicitante que signifique un avance do coñecemento en relación co obxecto da exposición, xa sexa do argumento expositivo, do/da/s artista/s ou das obras presentadas documentadas no mesmo catálogo e de acordo cos criterios determinados nos apartados anteriores respecto á calidade do proxecto, medio de difusión e repercusión nos medios especializados nacionais e internacionais conforme ao expresado anteriormente.
ARTES ESCÉNICAS
- Sobre a achega:
- Relevancia e grao de innovación da creación teatral, coreográfica, musical ou escenográfica, da súa composición, dirección, guión, interpretación, instrumentación e deseño da posta en escea
- Tipo, obxecto e magnitude da achega (obra orixinal, versionada ou adaptada)
- Sobre a interpretación:
- Considerarase a súa innovación metodolóxica interpretativa, a calidade da execución, a estrea e repercusión en medios especializados e as actividades derivadas da achega, como xiras e concertos, a impartición de masterclass, obradoiros de especialización, etc.,
- Participación en agrupacións ou compañías:
- Nivel de responsabilidade
- Nivel e relevancia da compañía
- Relevancia do/da director/a e dos/das intérpretes participantes
- Vinculación a proxectos de investigación relevantes concedidos en convocatoria pública competitiva
- Sobre a calidade do medio de difusión:
- Calidade do tipo de espazo (auditorio, teatro ou outros) e a súa proxección nacional e internacional en certames e festivais
- Itinerancia (outros espazos teatrais, festivais, certames ou similares de relevancia, salas de proxección, etc.)
- Patrocinadoras, produtoras, promotoras ou distribuidoras do proxecto
- Subvencións, tipo de convocatoria e forma de adxudicación (tipo, cuantía, etc.), relevancia do xurado, comité externo, comisión de seguimento ou similar
- Repercusión da achega:
- Identificación e relevancia de medios especializados: referencias bibliográficas recollidas en libros ou catálogos, revistas especializadas, bibliografías académicas, medios audiovisuais, arquivos ou repositorios
- Convite a participar en obradoiros, conferencias, etc.
- Premios e mencións
CREACIÓN TEATRAL, COREOGRÁFICA OU MUSICAL
- Acéptanse achegas de todas as disciplinas ou prácticas creativas dentro das áreas de Artes Escénicas (teatro, danza, música escénica, interpretación, dirección, deseño da posta en escea, escenografía, etc.), sempre que representen un avance do coñecemento ou innovación de carácter metodolóxico, dende a investigación-creación.
- Deberase xustificar a relevancia e a difusión da súa disciplina dentro da creación coreográfica ou teatral.
- En relación coa creación musical específica para unha obra teatral, cinematográfica ou coreográfica, teranse en conta, ademais, os criterios de calidade correspondentes ás áreas de Música.
- Na área de Música, os criterios que deben reunir tanto as achegas como os seus medios de difusión para ser consideradas de impacto son os seguintes:
- Sobre a creación:
- Relevancia da creación musical, da súa composición, dirección, interpretación, instrumentación, tecnoloxías e técnicas empregadas, etc.
- Considerarase tamén a invención de novos instrumentos musicais de lutería, analóxicos ou dixitais, atendendo igualmente ao seu nivel de innovación e relevancia.
- Sobre a interpretación:
- Considerarase a súa innovación metodolóxica interpretativa
- Calidade da execución, estrea e repercusión en medios especializados
- Actividades derivadas da achega, como xiras e concertos
- Impartición de masterclass, obradoiros de especialización, etc.
- Participación en agrupacións orquestais:
- Nivel de responsabilidade na execución
- Nivel e relevancia da agrupación
- Sobre o medio de difusión:
- Calidade do tipo de espazo (auditorio ou outros)
- Estrea e interpretación
- Proxección nacional e internacional en concertos e festivais
- Prestixio do medio de difusión e das institucións ou empresas que encargan o proxecto e a súa forma de adxudicación
No caso de obras publicadas en formato impreso, fonográfico ou videográfico:
- Prestixio da editorial
- Prestixio de produtoras, distribuidoras e selo discográfico
- Prestixio da obra musical, do director/a, conxunto e intérpretes encargados da gravación
- Vinculación a proxectos de investigación relevantes concedidos en convocatoria pública competitiva
- Premios en concursos ou certames nacionais e internacionais