Comisión 10. Enxeñaría Química, dos Materiais e do Medio Natural
1. Sobre as achegas
- Valoraranse preferentemente as patentes, os artigos científicos, os libros e capítulos de libros, e de forma extraordinaria tamén os desenvolvementos tecnolóxicos.
- Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse achegas a congresos, proceedings, notas, comentarios, respostas, cartas ao/á editor/a e similares.
2. Valoración das achegas
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente as achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: Os criterios que se valorarán son os seguintes:
- prestixio da editorial
- prestixio de editoras/es
- colección na que se publica a obra
- a obtención dalgún selo de calidade que puidera obter a colección ou o libro outorgado por unha institución de prestixio
- recensións recibidas nas revistas científicas especializadas.
- PATENTES: Os criterios que se valoran son:
- se están en explotación, demostrada mediante contrato de compravenda ou contrato de licenza
- se non están en explotación, se a concesión se levou a cabo con exame previo (tipo B2)
- a extensión da protección da patente (nacional, europea ou internacional), valorándose máis a de protección máis extensa.
- DESENVOLVEMENTOS TECNOLÓXICOS: Valoraranse preferentemente aqueles que involucren aspectos innovadores e estean recoñecidos como tales pola comunidade científico-técnica. Terase en conta o grao de innovación por medio do seu nivel de madurez tecnolóxica TRL, que debe ser superior a 5.
Comisión 11. Enxeñaría Mecánica
1. Sobre as achegas
- Valoraranse preferentemente as patentes, os artigos científicos, os libros e capítulos de libros, e de forma extraordinaria tamén os desenvolvementos tecnolóxicos