Ir ao contido principal

ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario

Guía de axuda para obter a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes de Profesorado Titular de Universidade, ou Catedrática/o de Universidade.

Criterios específicos

Para garantir a coherencia dos méritos, competencias e criterios utilizados nos diversos procedementos de avaliación de ANECA, a actividade investigadora definirase e avaliará de maneira semellante á establecida para a avaliación dos sexenios de investigación de CNEAI.

Por tanto, ás solicitudes que se presenten a partir do 1 de abril de 2024 aplicaránselles criterios específicos de avaliación análogos aos previstos na Resolución do 5 de decembro de 2023, que se recollen neste Anexo coas imprescindibles adaptacións en atención ao distinto tipo de convocatoria que é a de acreditación a corpos docentes universitarios.

Cada comisión de ANECA conéctase co campo CNEAI correspondente:

  • Comisión 0. Interdisciplinario (campo 0)
  • Comisión 1. Matemáticas (campo 1)
  • Comisión 2. Física (campo 1)
  • Comisión 3. Química (campo 2)
  • Comisión 4. Ciencias da Natureza (campo 5)
  • Comisión 5. Bioloxía Celular e Molecular (campo 3)
  • Comisión 6. Ciencias Biomédicas (campo 4)
  • Comisión 7. Medicina Clínica (campo 4)
  • Comisión 8. Especialidades Sanitarias I (campo 4)
  • Comisión 9. Especialidades Sanitarias II (campo 4)
  • Comisión 10. Enxeñaría Química, dos Materiais e do Medio Natural (subcampo 6.1)
  • Comisión 11. Enxeñaría Mecánica (subcampo 6.1)
  • Comisión 12. Enxeñaría Electrónica (subcampo 6.2)
  • Comisión 13. Enxeñaría das Telecomunicacións (subcampo 6.2)
  • Comisión 14. Enxeñaría Informática (subcampo 6.2)
  • Comisión 15. Enxeñaría Civil (subcampo 6.3)
  • Comisión 16. Arquitectura, Construción e Urbanismo (subcampo 6.3)
  • Comisión 17. Dereito I (campo 9)
  • Comisión 18. Dereito II (campo 9)
  • Comisión 19. Ciencias Económicas (campo 8)
  • Comisión 20. Ciencias Empresariais (campo 8)
  • Comisión 21. Ciencias da Educación I (subcampo 7.2)
  • Comisión 22. Ciencias da Educación II (subcampo 7.2)
  • Comisión 23. Ciencias do Comportamento (subcampo 7.2)
  • Comisión 24. Ciencias Sociais I (subcampo 7.1)
  • Comisión 25. Ciencias Sociais II (subcampo 7.1)
  • Comisión 26. Historia e Filosofía (campos 10 e 11)
  • Comisión 27. Lingüística e Filoloxías Clásicas (campo 11)
  • Comisión 28. Filoloxías Modernas (campo 11)
  • Comisión 29. Arte (campo 10)