Táboa de contidos
A valoración dos méritos e competencias á que se refire o Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, será realizada polas comisións de acreditación, e de acordo co establecido no citado real decreto e no seu anexo.
A avaliación realízase a través dun currículo abreviado no que se reflectirán as achegas máis relevantes en cada un dos bloques a valorar. A valoración basearase na selección de contribucións e na narrativa achegada pola persoa solicitante sobre a calidade, relevancia e impacto destas. (Ver apartado O programa ACADEMIA / Formalizar a solicitude).
Os criterios para valorar os méritos e competencias axustaranse en función do corpo docente para o que se solicite a acreditación. |
O resultado da avaliación será favorable cando se obteña a suficiencia (mínimo de 50 puntos sobre 100) en cada un dos bloques. En caso de non obter este mínimo, o resultado será desfavorable.
Para obter unha avaliación favorable é preciso obter un mínimo de 50 puntos sobre 100 en cada un dos bloques seguintes:
Para garantir a coherencia dos méritos, competencias e criterios utilizados nos diversos procedementos de avaliación de ANECA, a actividade investigadora definirase e avaliarase de maneira semellante á establecida na relación de criterios da convocatoria de sexenios de CNEAI, coas imprescindibles adaptacións á convocatoria de acreditación a corpos docentes universitarios:
1. Amplíase o tipo de achegas e de posibles medios de difusión que poden xustificar unha actividade investigadora, incluíndo os conxuntos de datos, as metodoloxías, os programas de computador ou os modelos de aprendizaxe automática.
2. Só serán valorables achegas que contribúan ao progreso do coñecemento e presenten impacto científico e social.
No proceso de avaliación aplicaranse criterios e metodoloxías de avaliación cualitativas e cuantitativas. Neste senso teranse en conta os "indicios de relevancia e impacto" de cada achega. Neste apartado da solicitude terase que defender o impacto científico da contribución (citas recibidas -excluíndo as autocitas-, proxección nacional e internacional, financiación, premios, etc.). Na narrativa achegada farase un uso responsable de indicadores cuantitativos (indicadores bibliométricos normalizados, entre outros).
3. En tódolos campos valoraranse positivamente os resultados de investigacións multidisciplinares e interdisciplinares.
4. Promoverase a investigación nas linguas oficiais dos territorios, por este motivo as achegas en español e outras linguas cooficiais non poderán considerarse un demérito.
5. Requerirase o depósito dos resultados da investigación que se vaian someter a avaliación en repositorios institucionais, temáticos ou xeneralistas de acceso aberto, incluíndo un identificador persistente (DOI, Handle, URI/URL única permanente, etc.)
As persoas solicitantes deberán achegar evidencia de ter depositado unha copia da versión final da contribución aceptada para publicación nun repositorio de acceso aberto, acceso restrinxido, embargado ou con acceso só aos metadatos, se se trata de:
Recomendamos que o depósito se realice no repositorio institucional da USC, MINERVA, que ademais de dar visibilidade á produción científica da universidade, ten a vantaxe de que a biblioteca do seu centro ofrece o soporte necesario para subir os documentos. |
Os conxuntos de datos que se sometan a avaliación deberán cumprir cos principios FAIR (doados de atopar, accesibles, interoperables e reutilizables) e sempre que sexa posible se difundirán en acceso aberto en repositorios ou infraestruturas de datos de confianza. (Ver Guía de sexenios / Conxuntos de datos de investigación (Datasets)).
No caso de programas de ordenador, valoraranse as contribucións relevantes a programas distribuídos como software libre (que cumpra coa Open Source Inicitative).
6. Para que unha achega sexa considerada a persoa solicitante debe ter participado activamente nos traballos desta, concretando a súa contribución específica nos casos de coautoría ou autoría múltiple. No caso de publicacións esta información deberá achegarse de acordo coa taxonomía CRediT, ou ben se a publicación non require esta acreditación ou se presenta outro tipo de achega, deberá incluírse na narrativa da solicitude, tomando como referencia esta taxonomía. Tamén deberá declararse o uso da Intelixencia Artificial xenerativa, sempre que afecte ao contido orixinal da achega.
7. No caso das publicacións, a indexación nun determinado repertorio bibliográfico ou base de datos pode servir como argumento complementario na defensa narrativa que se faga da achega, pero non por isto obter unha valoración positiva desta, sen ter en conta a calidade intrínseca do contido.
8. Todas as achegas deberán estar publicadas ou rexistradas tendo en conta a tipoloxía á que pertencen, ben de forma definitiva ou como publicación continua (forthcoming, online first...), coa obrigatoriedade de presentar un identificador permanente (DOI, URI/URL única...)
9. Non se considerarán contribucións válidas os libros e capítulos de libros autopublicados ou financiados pola persoa solicitante sen o concurso de procesos de avaliación dos orixinais a través dos procedementos comunmente recoñecidos.
10. No apéndice da resolución CNEAI de 5 de decembro de 2023 inclúese unha táboa cunha lista de posibles métricas, fontes e dimensións para evidenciar o valor de cada achega.
1. INVESTIGACIÓN, TRANSFERENCIA E INTERCAMBIO DO COÑECEMENTO
1.1. PROXECTOS E CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN E TRANSFERENCIA E INTERCAMBIO DO COÑECEMENTO
1.2. RESULTADOS E DIFUSIÓN DA ACTIVIDADE INVESTIGADORA E DE TRANSFERENCIA E INTERCAMBIO DO COÑECEMENTO
1.2.1. Actividade investigadora
** Poden achegarse outras contribucións para obter o máximo, sempre que sexan diferentes das presentadas para obter o sexenio correspondente e de anos non avaliados no dito sexenio.
1.2.2. Transferencia e intercambio de coñecemento e Actividade de carácter profesional
** A obtención dun sexenio de transferencia CNEAI-ANECA recoñece automaticamente 10 puntos neste subapartado. Poden presentarse outras contribucións para acadar o máximo sempre que sexan diferentes das presentadas para obter o sexenio correspondente e de anos non avaliados no dito sexenio.
1.2.3. Divulgación científica
Refírense a contribucións que fagan accesible o coñecemento científico ao conxunto da sociedade: publicacións, audiovisuais, organización de congresos de carácter divulgativo, actividades interactivas etc.
1.3. ESTADÍAS EN UNIVERSIDADES E CENTROS DE INVESTIGACIÓN
Considérase estadía de investigación o desprazamento temporal dende a institución na que está contratado/a ou elaborando a tese de doutoramento a outra institución ou centro para levar a cabo actividades de investigación en colaboración con outra persoa ou grupo da institución receptora. Para ser valorada, a estadía debe ter unha duración mínima de 1 mes, salvo casos suficientemente xustificados.
1.4. OUTROS MÉRITOS
Poden achegarse neste apartado outros méritos de investigación, transferencia e intercambio de coñecemento, sempre que sexan de distinta natureza ás presentadas nos apartados anteriores.
2. DOCENCIA
2.1. EXPERIENCIA DOCENTE
2.1.1. Dedicación docente
*Un contrato predoutoral considérase tempo completo.
*Unha axuda predoutoral que teña asignada capacidade docente tutelada considérase tempo parcial.
En ambos casos pódese acadar a mínima puntuación coa avaliación positiva de 1 quinquenio docente.
Pódese acadar a mínima puntuación coa avaliación positiva de 2 quinquenios docentes.
** Os contratos de profesorado asociado e profesorado substituto interino considéranse dedicación a tempo completo cando acaden as 6 horas de clase semanal (180 horas de capacidade docente anual). En caso contrario, considéranse de tempo parcial.
** No caso dos contratos de profesorado vinculado (ciencias da saúde), cada 1,5 anos de actividade clínica como especialista con compromiso docente coa universidade (colaborador clínico docente ou similar) considérase como 1 ano de dedicación a tempo completo.
En todos os casos debe tratarse de docencia universitaria oficial (grao, posgrao ou doutoramento) ou o seu equivalente en sistemas universitarios estranxeiros.
2.1.2. Pluralidade, interdisciplinariedade e complexidade docente.
Valórase a complexidade da docencia en función do número e diversidade de materias impartidas, a docencia en materias de primeiro curso ou en grupos numerosos, ou a impartición de docencia en distintos idiomas ou en centros/campus distintos ao de adscrición. Tamén se valora a docencia que trascenda as áreas de coñecemento asignadas á Comisión de acreditación que realice a avaliación.
2.1.3. Recursos educativos
Valóranse preferentemente os materiais docentes e recursos educativos dispoñibles en acceso aberto e sen restricións a través de repositorios e protexidos por licenzas tipo Creative Commons. Tamén se valoran os que foran sometidos a avaliación (por exemplo, OWC, EdX, Coursera, ...)
Pódense presentar neste apartado manuais e libros de texto con finalidade docente publicados.
2.1.4. Actividades de formación ao longo da vida
Inclúe toda actividade formativa impartida, con recoñecemento de créditos ECTS ou non, en calquera formato distinto do oficial de grao, máster ou doutoramento. Por exemplo: cursos de verán, títulos propios, cursos masivos online (MOOCS e variantes) etc., dirixidos ao propio estudantado ou a empresas, asociacións, colexios profesionais e outros.
2.2. CALIDADE DA ACTIVIDADE DOCENTE E INNOVACIÓN
Acredítase cos resultados obtidos en programas de avaliación da docencia certificados ou en proceso de implantación conforme ao Programa DOCENTIA (ou análogos). Neste caso, as persoas solicitantes poden elixir que a avaliación deste apartado se realice de forma global, tendo en conta o seguinte:
Se as avaliacións DOCENTIA dispoñibles non cubren todo o período avaliado, pódese sumar a valoración doutras contribucións nos distintos subapartados (2.2.1 a 2.2.4), sempre que correspondan a períodos non avaliados mediante este programa.
As persoas solicitantes que non dispoñan de avaliacións no programa DOCENTIA serán valoradas de acordo co establecido a continuación para cada subapartado:
2.2.1. Calidade da actividade docente
Debe achegarse un autoinforme (conforme ao Anexo III dos criterios de avaliación) que conteña unha explicación narrativa dos aspectos a destacar e mellorar nas dimensións de encargo docente, planificación da docencia, desenvolvemento do ensino e resultados do ensino.
Tamén se pode alegar o traballo realizado en materias de nova impartición ou nas que se incorporan innovacións no marco da verificación, modificación ou acreditación de títulos, a existencia dun sistema interno de garantía da calidade certificado, metodoloxías docentes evidenciables en recursos abertos etc.
2.2.2. Innovación na actividade docente
Pódese achegar a participación en proxectos de innovación docente ou educativa e de deseño de novas titulacións orientados á mellora do ensino superior, na propia institución ou noutras.
Tamén se valora a coordinación e participación en proxectos internacionais de innovación docente (por exemplo, Erasmus+ ou Capacity Building), proxectos de sostibilidade, proxectos interdisciplinares e interuniversitarios relacionados coa docencia ou proxectos de investigación de acción educativa no ensino superior orientados á mellora docente.
2.2.3. Formación recibida para a mellora docente
2.2.4. Formación impartida para a mellora docente
2.3. TITORIZACIÓN DOCENTE
2.3.1. Titorización regrada
Cada contribución pode abranguer un conxunto de tutelas da mesma natureza.
Inclúense aquí, entre outras, as direccións de TFGs, a titorización de alumnado en prácticas externas curriculares e extracurriculares ou en formación dual ou alternancia.
2.3.2. Outros tipos de titorización (non incluídas no encargo docente oficial)
Cada contribución pode abranguer un conxunto de tutelas da mesma natureza.
Inclúense aquí, entre outras, a titorización de alumnado interno, de bolsas de iniciación á investigación ou de colaboración, de persoal médico interno residente,...
2.4. OUTROS MÉRITOS
Pódense presentar méritos de docencia que sexan de diferente natureza das dos apartados anteriores.
3. LIDERADO (SÓ PARA ACREDITACIÓN A CATEDRÁTICOS)
3.1. DIRECCIÓN DE EQUIPOS DOCENTES E DE INVESTIGACIÓN
3.2. DIRECCIÓN DE TESES DE DOUTORAMENTO E TRABALLOS FIN DE MÁSTER
3.3. LIDERADO NO ÁMBITO DA DIRECCIÓN E XESTIÓN UNIVERSITARIA E CIENTÍFICA
Valóranse: cargos académicos, coordinación de graos, dirección de programas de doutoramento e másteres, dirección de revistas ou editoriais científicas, presidencia de comisións de axencias de avaliación, postos unipersoais no entorno educativo, científico ou tecnolóxico dentro da Administración Xeral do Estado, Comunidades Autónomas ou organismos internacionais, e outras funcións que amosen liderado institucional e transformación do sistema universitario e científico (alianzas interuniversitarias, transformación dixital etc.) e das misións da universidade (innovación docente, avaliación da investigación etc.)
3.4. RECOÑECEMENTOS E RESPONSABILIDADE EN ORGANIZACIÓNS CIENTÍFICAS E COMITÉS CIENTÍFICOS E TÉCNICOS
Valórase a responsabilidade exercida en órganos de dirección de asociacións ou organizacións científicas ou en comités e comisións científico-técnicas nacionais e internacionais.
Tamén se valoran os recoñecementos ou premios á excelencia en actividades académicas, de investigación, de transferencia e de intercambio de coñecemento coa sociedade.
3.5. OUTROS MÉRITOS
Achegas que evidencien unha traxectoria de liderado de natureza distinta ás dos puntos anteriores.
4. ACTIVIDADE PROFESIONAL (SÓ ÁREAS CLÍNICAS DE CIENCIAS DA SAÚDE)