Comisión 21. Ciencias da Educación I (subcampo 7.2)
1. Sobre as achegas:
- Entre as achegas valoraranse preferentemente os artigos científicos, os libros e capítulos de libros.
- Só en casos de excepcional relevancia e impacto, debidamente xustificados, poderán valorarse recensións, notas, guías didácticas ou outras publicacións que aludan, exclusivamente, a procesos de innovación educativa nos que non conste de forma explícita a súa vinculación con resultados de investigación, as cartas ao/á editor/a ou similares.
2. Valoración das achegas:
- ARTIGOS: valoraranse preferentemente aquelas achegas publicadas en revistas de calidade contrastada ou indexadas en bases de datos bibliográficas de recoñecido prestixio ou naquelas que recibisen un selo ou recoñecemento de calidade por un organismo independente, así como en plataformas de publicación de resultados de investigación como Open Research Europe.
- LIBROS E CAPÍTULOS DE LIBROS: valorarase:
- o prestixio da editorial
- o prestixio das/os editoras/es
- a colección na que se publica a obra
- se a colección ou o libro obtivo algún selo de calidade outorgado por unha institución de recoñecido prestixio
- as recensións recibidas nas revistas científicas especializadas
Comisión 22. Ciencias da Educación II (subcampo 7.2)

Comisión 23. Ciencias do Comportamento (subcampo 7.2)

- colección na que se publica a obra