Ir ao contido principal

ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario

Guía de axuda para obter a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes de Profesorado Titular de Universidade, ou Catedrática/o de Universidade.

Citación

A dimensión das citas é un indicador do impacto da achega e artéllase de tres formas diferentes:

  • tendo en conta o impacto do contido da achega mesma,
  • o impacto da achega dende o punto de vista da súa disciplina 
  • e o impacto da achega tendo en conta a súa posición relativa en relación con achegas similares.

O número de citas trata de determinar o impacto da achega mesma en autores influentes dentro da disciplina ou en publicacións influentes. Tamén, tendo en conta as citas recibidas en seccións influentes dentro das publicacións, trata de determinar se a achega a exame ten relevancia probada a nivel teórico ou a nivel metodolóxico e que lugar ocupa en relación con achegas similares na mesma disciplina.

As seguintes métricas, que menciona a convocatoria, teñen un carácter orientativo.

FONTES PARA EXTRAER ESTAS MÉTRICAS

  • Número de citas: o número de citas dunha achega (excluíndo as autocitas) pode ser extraído das seguintes fontes: Web of Science Core Collection, Scopus, Google Académico, Dimensions, Open Citations e Dialnet Métricas.
  • Número de citas normalizado: contextualiza o número de citas considerando o ano de publicación, a tipoloxía documental e a disciplina. Esta métrica trata de recoller a porcentaxe de citación respecto ao promedio mundial ou respecto a outras referencias, como poden ser as xeográficas ou as citas continuas a través do tempo. A convocatoria fai mención ao Category Normalized Citation Impact (CNCI) de InCites, o Field-weighted Citation Impact (FWCI) de Scopus e a Field Citation Ratio (FCR) de Dimensions. Tamén se poden incluír outras métricas similares como o Relative Citation Ratio (RCR) ofrecido por iCite no caso de publicacións presentes en PubMed. 
  • Percentil: establece a posición na que se atopa unha publicación nun listado de achegas ordenadas por citas recibidas. É preciso recoller o lugar que ocupa a achega, o tamaño da listaxe e, tamén, o prestixio da fonte que xenera a listaxe. As fontes que recollen este tipo de clasificacións son as bases de datos InCites e os Essential Science Indicators de Clarivate. Para España, os Indicadores Dialnet referidos ás publicacións máis citadas tamén recollen o percentil nos diferentes ámbitos de citación. Esta información tamén pode consultarse nos perfís de autor en Publons/ResearcherID.
Recoméndase engadir datos cualitativos sobre as citas como, por exemplo, de onde proceden (personas, revistas) ou tamén a progresión de citas no tempo.

 

FERRAMENTAS DA FECYT (RECURSOS CIENTÍFICOS)

Uso e lectura

As métricas de uso e lectura céntranse na cantidade de uso que recolle o número de descargas, visualizacións ou visitas que recibiu unha achega en infraestruturas dixitais académicas, repositorios científicos ou plataformas editoriais.

É preciso que os datos estean debidamente xustificados e contextualizados, por exemplo, especificando os países, cidades e, de ser o caso, institucións que accederon ás achegas e a súa relevancia.

FONTES PARA EXTRAER ESTAS MÉTRICAS

  • As fontes contempladas para medir a cantidade de uso son as plataformas editoriais de publicación en acceso aberto como por exemplo PLOS, BioMed Central, Frontiers, DOABMultidisciplinary Digital Publishing Institute, etc.
  • Bases de datos como Scopus e as plataformas das grandes editoriais como Springer, Elsevier ou Wiley tamén proporcionan este tipo de datos.
  • Así mesmo, os repositorios tanto institucionais como temáticos adoitan recoller o número de visualizacións, aínda que non todos. Un exemplo é Minerva, da USC, que conta o número de visualizacións e as desagrega por países e cidades dende as que se accedeu ao documento depositado.
  • Tamén se contempla a inclusión das achegas en catálogos bibliotecarios. WorldCat proporciona o número de edicións e en cantas bibliotecas se atopa un libro. O catálogo de REBIUN, pola outra banda, proporciona o número de localizacións.

Influencia ou adopción social

A convocatoria propón o número de mencións como un indicio relacionado co impacto social dunha achega. Trátase de mencións en documentos non académicos feitas por axentes sociais, culturais, económicos ou políticos. Pode tratarse de documentos normativos, patentes, informes políticos ou de implementación de políticas públicas. Tamén se recollen, no número de mencións, as noticias en medios convencionais, guías clínicas, etc. O número de mencións trata de capturar os beneficios e trascendencia xenerada por unha achega fóra do ámbito académico e, tamén, a relevancia e alcance das institucións que fan uso da achega.

FONTES PARA EXTRAER ESTAS MÉTRICAS

  • As fontes preferentes para recoller este tipo de datos son os agregadores de métricas alternativas que aparecen recollidos en moitas das bases de datos e plataformas dos grandes editores. Son PlumX, integrado en Scopus, e Altmetric, integrado en Dimensions. Tamén hai plataformas de editores que incorporan métricas alternativas, como no caso de Oxford Academic ,que inclúe Altmetrics e Dimensions, ScienceDirect de Elsevier, que inclúe PlumX, Wiley e Springer, que inclúen Altmetrics, etc.
  • No caso dos informes políticos ou de implementación de políticas públicas, unha fonte pode ser Overton. Overton é o índice de búsqueda máis grande do mundo de documentos de políticas, directrices, publicacións de grupos de expertos e documentos de traballo.
  • O número de mencións, no caso das patentes, pódese extraer de The Lens, que é un servizo de búsqueda en liña de literatura académica e patentes proporcionado por Cambia. É a base de datos de literatura académica máis completa sobre patentes, que supera en profundidade a Web of Science e Scopus.
  • Esta métrica pode completarse, no caso dos libros, coas valoracións en webs como Goodreads, LibraryThing, ou incluso en Amazon.

FERRAMENTA RECOMENDADA

Visibilidade social

Esta dimensión fai referencia ao número de interaccións en internet dende o punto de vista da súa difusión. Non só inclúe o número de mencións, senón tamén outras métricas como o número de veces que a achega foi gardada nos favoritos dun medio de difusión ou o número de réplicas, reenvíos, ou de veces que se compartiu. O que se trata de recoller con estes datos é a audiencia coa que se tivo interacción tendo en conta a variedade xeográfica, lingüística e a influencia. 

Estas métricas non son obrigatorias e non todas as achegas contan con este tipo de visibilidade.

FONTES PARA EXTRAER ESTAS MÉTRICAS

  • As fontes que permiten extraer este tipo de datos son, de novo, os agregadores de métricas alternativas como PlumX e Altmetric, incluídos nas principais bases de datos e nas plataformas electrónicas dos grandes editores internacionales. Tamén entran dentro desta categoría as interaccións nas redes sociais tanto xeneralistas (X ou Twitter, Facebook, etc.) como as restrinxidas ao ámbito científico (ResearchGate, Mendeley, Academia.edu):
    • As redes sociais xeneralistas recollen unha ampla gama de datos que permiten contextualizar a influencia social dunha achega. Entre outras, pódense citar o número de likes, comentarios, compartidos, clics, impresións e o alcance, que é o número único de usuarios que viron a publicación. As interaccións recollen a suma dos likes, comentarios e compartidos, e a taxa de interacción calcula a porcentaxe de persoas que interactúan cun contido en relación co número total de impresións. Para recopilar estas métricas, as plataformas de redes sociais proporcionan ferramentas analíticas integradas como Facebook Audience Insights e X Analytics (antes Twitter Analytics).
    • As redes sociais académicas tamén recollen métricas que se poden citar como indicios de visibilidade social:
      • ResearchGate recolle os datos do número de veces que foi lida unha publicación, o número de citas, o número de recomendacións e o número de seguidores que ten o autor.
      • Academia.edu ten en conta as visualizacións, descargas, o número de recomendacións e, tamén o número de seguidores. Ademais, Academia.edu proporciona os lugares xeográficos das visitas e tamén as cidades.
      • Por último, Mendeley conta o número de lectores, citas, mencións en noticias e puntuacións e etiquetas, que expresan interacción social. Algunhas destas métricas tamén pertencen á dimensión de uso e lectura. 
  • Por último, a convocatoria ten en conta a presencia das achegas en Wikipedia.