Ir ao contido principal

Portal da Investigación USC

Que é o Portal da Investigación?

O Portal recolle a produción científica da Universidade de Santiago de Compostela, dando visibilidade e transparencia á súa actividade investigadora a través dos resultados e da análise do seu impacto. Permite a consulta por investigador, áreas de coñecemento, departamentos, institutos e grupos de investigación.

Entre os seus obxectivos están:

  • Reunir nun único punto de acceso a produción científica xerada polo persoal investigador e unidades da USC.
  • Incrementar a súa visibilidade e difusión dentro da comunidade científica, con acceso a textos completos.
  • Dispoñer de publicacións actualizadas periodicamente procedentes de diversas fontes.
  • Ofrecer indicadores bibliométricos a nivel individual e por grupos de investigación, departamentos, etc.
  • Facilitar opcións para completar a produción científica dos investigadores/as e grupos.
  • Na actualidade, inclúense os investigadores/as en situación activa da USC en todas as categorías, así como ex investigadores/as.

Contido do Portal

O Portal contén a produción científica dos investigadores/as da Universidade de Santiago de Compostela  tanto de xeito individual como  agrupados en Grupos de Investigación, Departamentos e Institutos de Investigación, asi como os resultados globais da Universidade.

- Investigadores/as: Perfil persoal (adscrición a departamento, área, instituto, grupo de investigación), publicacións, colaboracións, información das teses defendidas e dirixidas e tamén indicadores.

Grupos de investigación: datos do grupo, investigadores/as membros, liñas de investigación, oferta científica, proxectos, publicacións, colaboración, patentes (se procede), teses dirixidas por membros do grupo e indicadores.

- Departamentos: datos do departamento, investigadores/as membros, grupos de investigación nos que participan, publicacións, colaboracións, teses dirixidas polos membros do grupo e indicadores.

- Institutos de Investigación: datos do instituto, investigadores/as membros, grupos de investigación nos que participan, publicacións, colaboracións,  teses dirixidas polos membros do grupo e indicadores.

- Resultados: publicacións, acceso aberto, teses da Universidade de Santiago de Compostela, colaboracións, patentes e indicadores globais.