Información persoal e perfís de autor:
Na páxina do investigador, atoparemos toda a información do mesmo:
Ademáis, podemos acceder á seguinte información:
Publicacións
Desde o perfil de investigador/a ofrécese un listado das súas publicacións por anos, coa posibilidade de filtrar por tipoloxía documental. De cada publicación ofrécense os datos descritivos, indicadores asociados e, de ser posible, ao texto completo.
Actualmente as publicacións incluidas no Portal extráense de Dialnet, Scopus e Web of Science e inclúen as referencias e os seus indicadores bibliométricos.
As publicacións procedentes de Dialnet actualízanse a diario e as de Scopus e WOS semanalmente.
Incluénse os seguintes tipos de documentos, listado que poderá verse incrementado nun futuro:
Neste momento, non se admiten os seguintes tipos de publicacións:
O rexistro dunha publicación contén:
Colaboración:
Relación das persoas con que colabora, con indicación das publicacións realizadas en coautoría e as institucións ás que pertencen.
Teses:
Teses defendidas e dirixidas, procedentes da información incluida en Dialnet, así como participación en tribunais de teses.
Patentes:
No caso de que o investigador ou investigadora teña patentes asociadas estas aparecen nunha pestana propia. As patentes proceden da base de datos Invenes da OEPM e abarca desde 1965 ata a actualidade.
Proxectos:
No caso de que o investigador ou investigadora participe ou teña participado en proxectos de investigación, aparecen nunha pestana propia.
Indicadores:
Os Indicadores só se amosarán se estamos identificados.
Podemos atopar indicadores de investigador/a, do documento e indicadores globais.
Indicadores asociados ao investigador/a:
Indicadores do documento: do mesmo xeito que na páxina do investigador, os indicadores do documento só se van visualizar se accedemos coas nosas claves ou desde a propia institución.
Ao picar sobre o documento, móstranse: