Ir ao contido principal

Portal da Investigación USC

Grupos de Investigación

 

Na pestana Grupos atopamos toda a información relativa aos grupos de Investigación agrupados por centros singulares, institutos, agrupacións estratéxicas I+D+i, departamentos e facultades. Dentro de cada grupo ofrécese información sobre o responsable do mesmo, investigadores membros do grupo, liñas de investigación, oferta científica, proxectos, publicacións, colaboracións, teses dirixidas polos membros do grupo, patentes e indicadores.

É posible facer a procura dun grupo determinado introducindo na caixa de búsqueda o código ou o nome do mesmo.

Desde a páxina do grupo accédese ao perfil dos investigadores/as da USC que o integran. 

Investigadores

 

Detalle. Data de constitución do grupo, responsable, facultade, departamento, investigadores que forman parte...

 

Investigadores

Liñas de investigación. Temática que define ao grupo, liñas de traballo actuais.

Linas de investigación: portal de Investigación

Oferta científica derivada da investigación do grupo. Propostas de traballo do propio grupo de cara a empresas ou organismos externos que poidan estar interesados no seu traballo.

Oferta científica: portal de investigación

 

No apartado Proxectos atopamos toda a información dos proxectos nos que participou o grupo coa data e investigadores responsables. Ademais, se picamos sobre o seu título, accedemos á páxina do proxecto.

Resultados da busca no Portal de Investigación

 

 

Publicacións. Todas as publicacións nas que participou, polo menos, un membro investigador do grupo. Ao igual que na páxina do/a investigador/a, neste apartado atopamos a representación gráfica por anos e tipo de publicación, xunto cunha listaxe de publicacións na parte inferior da pantalla. 

Publicacións: portal de investigación

 

Na páxina Colaboración móstranse os autores e autoras cos que colaboran os membros do grupo e o número de publicacións con cada un deles. Por outra banda, podemos ver os centros de investigación cos que colaboran os/as investigadores/as do grupo.

[Colaboración en grupo: portal de investigación

 

Na parte inferior, baixo o epígrafe "Relacións", ofrécese unha listaxe de investigadores/as, institucións e grupos de investigación externos á USC con que colaboran.

 

Teses. Neste apartado podemos ver as teses dirixidas por algún membro do grupo. Se picamos sobre o título o sistema nos levará á páxina individual da tese no portal.

Teses grupo: portal de investigación

Patentes.  Os grupos de investigación que teñan polo menos unha patente dispoñen da pestana "Patentes".

 

Cada patente ten a súa propia páxina dentro do portal coa seguinte información:

- Título da Patente

- Inventoras/es

- Institución

- Publicación principal: código da publicación, tipo de patente e data da publicación

- Outras publicacións: código da publicación, tipo de patente e data da súa publicación

- Solicitudes. Código da solicitude e data do seu rexistro

- Resumo

- Código Invenes

- Ligazón ás publicacións

Patentes de grupo: portal de investigación

Indicadores. Mostra o conxunto de indicadores bibliométricos que permiten avaliar a calidade científica do conxunto de publicacións do grupo. A pestana indicadores vese unicamente se estamos previamente identificados no portal.

Na actualidade preséntanse os seguintes indicadores:

Citas recibidas en Scopus

Citas recibidas en Dialnet Métricas

Revistas en que que publica o grupo

- Journal Impact Factor (JCR)

- SCImago Journal Rank (SJR)

- Índice Dialnet de Revistas (IDR)

- Clasificación Integrada de Revistas Científicas (CIRC)

- Journal CItation Indicator (JCI)

Indicadores de grupo: portal de investigación