Ir ao contido principal

Portal da Investigación USC

Que se pode facer no perfil

No seu perfil poderá:

  • Modificar datos persoais.
  • Calcular o impacto medio normalizado a partir das publicacións en Scopus.
  • Engadir novas publicacións. O/a autor/a pode enviar á biblioteca suxestións de novas publicacións que non están na súa páxina. Os datos serán revisados para validar, de ser o caso, a dita publicación.
  • Datos de Investigación. O/a autor/a pode subir arquivos sobre diferentes tipos de datos de investigación que complementan as súas publicacións.
  • Subir arquivos en distintos formatos, asociados ou non ás súas publicacións.
  • Obter indicios de calidade das súas publicacións (Ver Recursos de interese Dialnet CRIS)
  • Asociar publicacións a proxectos.
  • Descargar as súas publicacións en distintos formatos.
  • Descargar o CVN completo (certificado por Fecyt).
  • Os investigadores que sexan IP dun grupo poden descagar as publicacións do grupo.

 

Recursos de interese Dialnet CRIS

Os seguintes materiais foron elaborados polo Grupo de Traballo de Avaliación e Informes de Dialnet CRIS (en castelán).

A BUSC está adaptando estes materiais ao Portal da Investigación da USC, mais as funcionalidades deste portal son as mesmas cas de Dialnet CRIS. As instrucións son, polo tanto, perfectamente aplicables, mais as interfaces poden mostrar pequenas variacións.

Recomendamos, ademais, a consulta do videotitorial Dialnet métricas elaborado pola BUSC, para coñecer as funcionalidades deste portal para extraer indicadores bibliométricos das áreas de Humanidades e Ciencias sociais e xurídicas.