Skip to Main Content

Portal da Investigación USC

Como engadir publicacións

O/a autor/a pode engadir novas publicacións que non estén no seu perfil. Para o cal debe identificarse no Portal premendo en Identifícate, seleccionando a opción Universidade de Santiago de Compostela no sistema RedIRIS e, a seguir, introducindo as súas credenciais institucionais. Unha vez identificado deberá editar o perfil e incorporar manualmente as publicacións.

Portal: engadir publicacións autor

 

Unha vez que esté no seu perfil debe premer en  +Nova publicación

Engadir novas publicacións

 

Se ten un DOI ou unha URL na que apareza descrita a publicación, introduza ese dato no cadro e prema Continuar. O sistema identificará a publicación e engadirá os metadatos de descrición.

Perfil investigador: metadatos

 

No caso de que non coñeza o DOI ou URL da publicación, deberá premer Non teño URL. Aparecerá unha pantalla na que pode introducir os datos básicos da publicación, tipo de documento, título...

Perfil investigador: texto completo, url

 

Unha vez enviada a solicitude, sairá , na parte superior, a mensaxe "solicitude enviada correctamente". A Biblioteca revisará os datos para verificar se a publicación é susceptible de ser incluída. En "Ver as publicacións pendentes de aceptación" pode comprobar as publicacións que engadiu e que se atopan pendentes de validación. En "Notas para o autor" pode consultar o estado da solicitude. No caso de que se indique algunha actuación por parte do autor/a e non sexa actualizada no prazo de 12 meses, a solicitude será anulada.

Doutro lado, o autor/a ten a posibilidade de Descartar unha petición que acaba de enviar, dende "Ver o estado das miñas publicacións engadidas", picando sobre a icona da papeleira na petición.

Como engadir texto completo a unha publicación

Se poden engadir engadir textos completos ás publicacións de dúas formas:

Desde o menú lateral: Os meus textos completos

Perfil: engadir os meus textos completos

 

Ou ben desde Publicacións. Buscar entre as publicacións á que se desexe engadir texto completo e picar sobre a icona Adxuntar texto completo. Aquí temos que seleccionar se se trata do PDF da versión final do editor, a que se publicou ou se se trata do postprint, o manuscrito aceptado polo editor.

                                            Perfil: texto completo , pdf       I

Se debe evitar enviar documentos que non cumplan os seguintes requisitos:

- Ser documentos aprobados polos editores ou coordinadores da obra. Nunca enviar publicacións pendentes de aceptación ou con erros.

- Ser documentos orixinais e propios.

- Para obras en colaboración, debemos contar co consentimento do resto de autores para a súa divulgación pública.

O autor que envía un texto completo da consentimento á USC para:

- Almacenar a publicación no repositorio institucional Minerva.

- Publicar o documento en acceso aberto no Portal.

Unha vez enviado o texto completo, do mesmo xeito que ocurre cando enviamos unha solicitude de publicación, a biblioteca deberá validalo.