O investigador/a pode facer persoalmente as seguintes modificacións:
- Introducir ou cambiar a foto. Para elo deberá situarse sobre a icona correspondente e escoller editar o perfil. Desde aí pode subir unha imaxe [cambiar foto]. Os formatos permitidos son .jpg e .png de non máis de 5 megas. As dimensións recomendadas son 500x500.

- Introducir ou modificar un url web persoal, engadir o enderezo da páxina web persoal, no caso de tela.
- Aspectos curriculares ou persoais. É recomendable incorporar ao perfil algúns datos curriculares e/ou persoais, marcando a opción correspondente Spanish ou English. Pode engadir toda aquela información que considere relevante, ou introducir un breve texto de presentación persoal.
- Introducir ou modificar palabras chave en diferentes idiomas que definan a súa investigación.
- Identificadores de autor. Pode engadir novos identificadores. Para modificar ou engadir indicadores de plataformas e bases de datos bibliográficas debe solicitalo a través do enderezo investigacion.portalproducioncientifica@usc.gal. Os de redes sociais, debe facelo o propio investigador entrando en editar o perfil e, posteriormente, editar o que queira modificar ou eliminar.