Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Pautas xerais para o rexistro de nomes de lugar

  • Lingua

Empregaremos a forma galega dos topónimos sempre que exista unha forma consolidada recollida nas fontes autorizadas indicadas neste documento. Se non existe a forma galega, utilizarase a forma vernácula.

Alemaña

Estremadura

A Rioxa

Bos Aires

Florencia e non Firenze

Austria e non Österreich

O nome en castelán, aínda que sexa coincidente coa forma galega, debe rexistrarse noutro campo 151 coa indicación da lingua en $9

151 ## $a Alemaña $9 glg

151 ## $a Alemania $9 spa

 

151 ## $a Caribe (Rexión) $9 glg

151 ## $a Caribe (Región) $9 spa

Outras variantes do nome serán recollidas como formas alternativas en campos 451.

151 ## $a Tréveris (Alemaña) $9 glg

451 ## $a Trier (Alemaña) $9 glg

  • Artigos iniciais

Cando un artigo inicial forma parte do nome xeográfico oficial mantense como parte inseparable do nome e nunca se posporá.

151 ## $a La Habana (Cuba) $9 glg

151 # $a A Baña (Galicia) $9 glg

  • Adicións aos nomes xeográficos

A meirande parte dos nomes xeográficos empregados como materia irán acompañados de cualificativos (entre parénteses) que axudarán na correcta identificación e localización do lugar. Estas aclaracións poden indicar a entidade xurisdicional á que pertence o topónimo, ou poden consistir nun termo xenérico que define a natureza do nome xeográfico.

151 ## $a Mérida (España)

151 ## $a Nilo (Río)

151 ## $a Pontevedra (Galicia : Provincia)

Tendo en conta que o país é considerado o nivel xurisdicional superior non precisan localización os nomes dos Estados actuais ou da antigüidade

151 ## $a Arxentina

151 ## $a Roma

Como excepcións, tampouco precisan de xurisdición maior a comunidade autónoma de Galicia, as provincias de Canadá, os Estados dos Estados Unidos ou de Australia, e os países do Reino Unido.

151 ## $a Galicia 

non 151 ## $a Galicia (España)

151 ## $a Nevada 

non 151 ## $a Nevada (Estados Unidos)

151 ## $a Escocia

non 151 ## $a Escocia (Reino Unido)

151 ##  $a Ontario

non 151 ## $a Ontario (Canadá)

Cando o lugar é unha localidade de Galicia ou se atopa nun estado, comunidade, provincia, etc. dos países citados anteriormente, o cualificador será o nome da comunidade, estado, etc. e non o país

151 ## $a Betanzos (Galicia)

non 151 ## $a Betanzos (España)

151 ## $a Nova Orleans (Luisiana)

non 151 ## $a Nova Orleans (Estados Unidos)

151 ## $a Londres (Inglaterra)

non 151 ## $a Londres (Reino Unido)

Para nomes de lugares emprazados en cidades os cualificativos serán a cidade, seguida do nome da xurisdición superior, normalmente o país, coas excepcións xa citadas nas que empregaremos a comunidade, provincia, estado, etc. en lugar do país.

151 ## $a Plaza de Galicia (La Habana, Cuba)

151 ## $a Praza Maior (Lugo, Galicia)

Se o territorio pertence a dúas xurisdicións, engádense as dúas en orde alfabética pero se excede os límites de dous países, non se emprega o cualificador

151 ## $a Garona, Rexión do (España e Francia)

151 ## $a Danubio, Delta do (Romanía e Ucraína)

151 ## $a Alpes

151 ## $a Kurdistán

 

Ver Manual de RDA, etiqueta 651 para máis exemplos