Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Creación dun rexistro de nome persoal a partir do padrón

No MDE de Alma existen dous padróns cos elementos básicos necesarios para a creación de rexistros de autoridade de nome persoal: Autor persoal GA (por defecto) e Autor PDI. Elixir o padrón apropiado a través do menú esquerdo do MDE, na lapela "Plantillas BUSCEM"

padron_autor_GA

Etiquetas e codificación MARC para nomes de persoa

Cabeceira e campos de control

  • MARC Leader (NR) (non modificar ningún código do padrón)Aut_Leader

LDR/5 (Estado do rexistro): n (novo)

LDR/6 (Tipo de rexistro): (datos de autoridade)

LDR/9 (Esquema de codificación de caracteres): a (UCS/Unicode)

LDR/17 (Nivel de codificación): n (rexistro de autoridade)

  • Etiqueta 001-Número de control [NR]: o campo 001, xerado polo sistema, corresponde ao número identificador do rexistro en Alma. Para os rexistros de autoridade este identificador comeza sempre por 98
  • Etiqueta 003- Identificador do número de control [NR] (non modificar) Contén o código da institución ao que pertence o número de control de sistema que aparece no campo 001

           ES-ScU

  • Etiqueta 005 - Data e hora da última transacción [NR]: campo xerado polo sistema que especifica a data e hora da última transacción do rexistro e serve para identificar a versión do rexistro. A data de entrada do rexistro no sistema consta no campo 008
  • Etiqueta 008 – Códigos de información de lonxitude fixa [NR] (non modificar ningún código do padrón)

Aut_008

Entre outras, destacamos as seguintes posicións:

008/10 (Regras de catalogación) empregar z (outro). Coa adopción de RDA todos os rexistros de nova creación deben estar codificados como "z"

008/11 (Sistema de encabezamentos de materia) empregar v (Repertoire de vedettes-matière)

008/39 (Fonte de catalogación) empregar d (outro)

A data de creación (008/00-05), no formato aammdd, cúbrese automaticamente no momento de gardar o rexistro.

  • Etiqueta 040- Fonte da catalogación

Contén o código MARC da institución ($a), a lingua do sistema catalogador ($b), a norma de descrición ($e) E o vocabulario de autoridade do que forma parte ($f)

040 ##  $a ES-ScU $b glg $e rda $c ES-ScU​ ​$f buscem

Todos os novos rexistros 100 deben ser creados conforme a RDA (por tanto con $erda en 040). As autoridades xa existentes non levarán o subcampo $erda ata que, en función das súas características, sexan revisadas na Biblioteca Xeral.

Etiqueta 046 - Datas asociadas (R)

Este campo contén de forma codificada as datas asociadas coa autoridade descrita. No caso dos nomes de persoa pode recoller a data do seu nacemento, a data da súa morte e/ou a data ou rango de datas do período de actividade desa persoa. Para os autores codificados no 040 como RDA, será un campo obrigatorio sempre que teñamos esta información.

Para a codificación das datas emprégase o esquema EDTF (Especificación do formato de data e hora estendido) excepto no caso dos séculos. Proporcionar as datas seguindo o modelo AAAA, AAAA-MM ou AAAA-MM-DD

INDICADORES

non defInidos: ##

SUBCAMPOS

$f- data de nacemento (NR) : ano de nacemento dunha persoa.

046 ## $f 1956 $2 edtf

100 1# $a Toro, Suso de, $d 1956-

$g- data de morte (NR) : ano de falecemento dunha persoa

046 ## $g 0816 $2 edtf

100 1# $a León $b III, $c Papa, $d -816

O ano segue a estrutura "AAAA", completar con 0 a data cando sexa necesario

$s- data de comenzo dun período de tempo determinado (NR) - No caso de familias, dinastías, etc. e para o período de actividade dunha persoa

046 ## $s 0395 $2 edtf

100 0# $a Severus Sanctus Endelechius, $d activo 395

Os séculos rexístranse sempre cos dous díxitos que identifican a centuria (por exemplo, "15" representa todos os anos que comezan por "15" = século XVI)

046 ## $s 14

100 1# $a Alemany, Joan, $d activo século XV

$t- data de fin dun período de tempo determinado (NR) - No caso de familias, dinastías, etc

046 ## $s 1613 $t 1917 $2 edtf

100 3# $a Romanov (Dinastía : $d 1613-1917)

$2- fonte do formato da data (NR)

A fonte do formato a empregar para a codificación das datas é EDTF (coa mencionada excepción dos séculos)

Ademais dos anteriores exemplos ter en conta a seguinte correspondencia:

[ano, mes, día] aaaa-mm-dd 046 ## $f 1956-05-27 $2 edtf
[ano, mes] aaaa-mm 046 ## $f 1956-05 $2 edtf
[antes de Cristo] signo menos "-" a esquerda 046 ## $f -0006 $2 edtf
[incerta] interrogante "?" a dereita 046 ## $f 1990? $2 edtf
[aproximada] signo "~" a dereita 046 ## $f 1860~ $2 edtf
[ano ou ano consecutivos] entre corchetes e separados por coma "," 046 ## $f [1845,1846] $2 edtf
[entre un ano e outro] anos separados por dous puntos ".." 046 ## $s 1903..1920 $2 edtf?

EDTF non proporciona información para o rexistro dos séculos, por tanto, no caso de ter que dar a data correspondente a un século non engadir o $2

046 ## $s 03

100 0# $a Optato, $c Santo, Bispo de Mileve, $d activo século IV

Etiqueta 100 - Nome preferido da persoa (NR)

Contén a forma aceptada pola BUSC para esa persoa (ver os apartados anteriores para a elección e construción do punto de acceso)

INDICADORES

Primeiro indicador: Terá diferente valor segundo o tipo de elemento de entrada:

0 - O elemento inicial é o nome

Aplicable a santos, reis, papas, nomes que son só iniciais, frases que identifican a un autor...

100 0# $a Xoán Paulo $bII, $c Papa

100 0# $a Tomé, $c de Aquino, Santo

100 0# $a J. M. F.

100 0# $a Un coruñés *
*En caso da presenza dun artigo nun encabezamento con forma de frase, hai que valorar se aparece comunmente asociado ao nome e, en consecuencia, respectalo, ou suprimilo. Non é válido pospoñelo. Faremos sempre un alternativo pola forma non aceptada.

1 - O elemento inicial é o apelido

O nome, que pode ter un ou varios apelidos, está rexistrado en forma indirecta (apelidos, nome), ou ben está constituído por un apelativo utilizado como apelido, ou por un título de nobreza.

100 1# $a Goya, Francisco de

100 1# $a Abelló i Güell, Teresa

100 1# $a Rivas, Ángel de Saavedra, $c Duque de

100 1# $aCastelao

3 - Nomes de familia

O nome representa unha familia, clan, dinastía, casa..

100 3# $a Romanov (Dinastía : $d 1613-1917 : $c Rusia)

Segundo indicador: Non definido

 # (branco)

SUBCAMPOS

$a- Nome persoal [NR]

Contén o nome de autor persoal. O nome pode ser apelido, nome de pila, letras, iniciais, frases, nomes de familia...

100 0# $a Pseudo Calístenes

100 1# $a Torrente Ballester, Gonzalo

Os nomes de familia deben ir acompañados dun cualificador que indique o tipo de familia : Familia, Clan, Casa real, Dinastía, etc. Este cualificador rexístrase no mesmo subcampo $a entre parénteses e en galego. O outro elemento núcleo para este tipo de nomes é a data (en subcampo $d). Un lugar asociado coa familia pode darse en subcampo $c

100 3# $a Osuna (Familia : $d 1562- )

100 3# $a Ptolomeo (Dinastía :$d 305 a.C.-30 a.C.)

$b- Numeración [NR]

Úsase para nomes de reis, papas,... que inclúen como parte do nome preferido números romanos. Só se emprega con nomes que levan no primeiro indicador o valor 0

100 0# $a Xoán $b XXIII

100 0# $a Ordoño $b II

Cando os nomes que inclúen numeración arábiga ou romana pertencen a unha categoría diferente da antedita, esta numeración rexistrarase en subcampo $c

100 1# $aCampoamor, Gonzalo A., $c II

Puntuación: o subcampo $b segue inmediatamente ao nome, nunca vai precedido de puntuación

Sc- Cualificativos, títulos ou outras palabras asociadas ao nome [R]

Este subcampo pode conter información sobre:

  1. Cualificativos ou adicións ó nome que indiquen rango, título, termos de cortesía, iniciais de grao académico, numerais usados cun apelido, frases, ou lugares asociados a un nome.  

Nestes casos o identificador de subcampo irá precedido de coma. Estas adicións ao nome grávanse a continuación do identificador de subcampo sen parénteses

100 0# $a Cecilia, $c Santa​

100 0# $a Diana, $c Princesa de Gales

100 0# $a Ordoño $b II, $c Rei de Galicia

100 1# $a Churchill, Winston, $c Sir

100 0# $a Leonardo, $c da Vinci 

100 0# $a Alexandre, $c o Grande

100 1# $a King, Martin Luther, $c Jr.

100 1# $a Apel, Jacob, $c II

Se unha persoa utiliza comunmente iniciais ou abreviaturas que indican a súa pertenza á unha orde relixiosa cristiá, ou se as iniciais aparecen regularmente nos recursos asociados coa persoa, agregar tamén estas abreviaturas, precedidas de coma e sen espazo entre as iniciais.

100 0# $a David,$c frère, O.S.B. 

Se é necesario empregar dous cualificativos, empregarase o mesmo $c

100 0# $a Agostiño,$c de Hipona, Santo

o subcampo $c non é repetible agás nos casos en que os cualificativos están separados por outro subcampo:

100 0# $a  Black Foot, $c Chief, $d -1877 $c (Espírito)*

* O termo "Espírito" debe estar sempre ao final do punto de acceso

2. Cualificativos empregados para desfacer homonimias

Nestes casos a información ou o cualificativo irá entre parénteses e o identificador de subcampo non irá precedido de coma.

O emprego de cualificativos para desfacer homonimias só está indicado cando exista coincidencia en todos os subcampos que conforman a forma aceptada do rexistro de autoridade.

100 1# $a Álvarez, Francisco $c (Pintor)

100 1# $a Álvarez, Francisco $c (Dramaturgo)

uso INCORRECTO dos cualificativos:

100 1# $a Colmeiro, Manuel $c (Economista), $d 1818-1894

100 1# $a Colmeiro, Manuel $c (Pintor), $d 1901-1999

$q- Forma máis completa do nome [NR]

Empregar cando o nome preferido, ou unha parte do nome, está representada por iniciais ou abreviaturas e a información se considera importante para a identificación, incluso se non hai necesidade de distinguir entre diferentes puntos de acceso.

A información do subcampo $q vai sempre entre parénteses.

100 1# $a Gómez Gómez, C. $q (Carlos) 

100 1# $a Martínez, A. $q (Andrés)

100 1# $a Martínez, A. $q (Alfonso)

 Colocar o $q antes das datas de nacemento / pasamento se existen

100 1# $a Varela, A. J. $q (Alfonso Juan), $d 1965-

O $q non se usa para completar nomes nos casos en que a forma autorizada conteña menos elementos que o nome completo. Dar a forma completa nun campo 400.

100 1# $a Alonso, Alicia

400 1# $a Alonso Sagaseta, Alicia

e NON $a Alonso, Alicia $q (Alonso Sagaseta)

Faremos excepcións cando é necesario desfacer unha homonimia e non existan datas. Non é necesario previr os conflitos.

100 1# $a Vázquez, Pilar $q (Vázquez Álvarez)

100 1# $a Vázquez, Pilar $q (Vázquez Mota)

$d- Datas [NR]

Elemento núcleo para as novas autoridades. Usar para indicar as datas de nacemento e pasamento dun autor. A data de nacemento dos autores vivos irá seguida dun guión curto. As datas de nacemento e morte irán separadas por un guión curto sen espazos.

$d estará sempre precedido de coma (,) e as datas en ningún caso irán entre parénteses

Rexistrar sempre que a información estea dispoñible. A investigación ou procura das datas deberá ser exhaustiva cando se trate de autores galegos, ou haxa coincidencia entre o nome de dúas persoas.

100 1# $a Alonso Fernández, X. Alberte, $d 1989-

100 1# $a Torrente Ballester, Gonzalo, $d 1910-1999

100 1# $a García González, José, $d 1910-

100 1# $a García González, José, $d 1938-2020

Se dúas persoas co mesmo nome teñen tamén o mesmo ano de nacemento, pódense especificar o mes e o día para desfacer a homonimia 

​100 1# $a Menéndez, Luis, $d 1900 abril 10-  

Se nas fontes de referencia só está documentada a data de nacemento ou de pasamento, simplemente deixar a data sen completar, cos guións na posición que lles corresponda: posterior na data de nacemento e anterior na data de pasamento. 

100 1# $a Castro, Jerónimo de, $d 1644-

100 1# $a Abella Rodríguez, José María, $d -1889

No caso de non ter a data exacta temos distintas opcións:

  • indicar a data probable segundo as fontes de referencia seguida dun signo de interrogación

100 0# $a Catarina, $c Raíña consorte de Enrique III, Rei de Castela, $d 1372?-1418

  • se o ano sábese que corresponde a un de dous anos, rexistrar a data na forma [ano] ou [ano].

100 1# $a King, A. W. $q (Arthur William), $d 1854 ou 1855-1922

  • se o ano soamente pode ser aproximado, rexistrar a data na forma "aproximadamente" [ano].

100 0# $a Bruno, $c Santo, $d aproximadamente 1030- 1101

100 1# $a Asensio, Josef, $d 1759-aproximadamente 1820

100 1# $a Accursio, Francesco, $d aproximadamente 1182-aproximadamente 1260

En caso de homonimia, o período de actividade dunha persoa (por exemplo, a/as data/s de publicación das obras dun autor ou impresor) poden ser empregadas no subcampo $d, precedidas do termo “activo/ activa”

100 1# $a Sobrino, Francisco, $d activo 1703-1734 

100 1# $a Sobrino, Francisco, $d -1881 

Se non é posible establecer os anos específicos de actividade, rexistrar o século ou séculos nos que a persoa estivo activa (sen abreviaturas) 

100 0# $a Juan, $c de Valencia, $d activo século  XVI ​

 

Ver ademais o Manual RDA - Etiqueta 100

Etiqueta 368- Outros atributos da persoa (R)

Este campo recolle designacións ou atributos asociados cunha persoa. De entre todas as posibles categorías, na BUSC só imos considerar obrigatorias as que se describen a continuación.

INDICADORES

Non definidos  (branco # branco #)

SUBCAMPOS

No caso dos nomes de persoa imos empregar unicamente os seguintes subcampos:

$c outra designación (R): empregar para reflectir o atributo Santo ou Santa

046 ## $f 1303 $g 1373 $2 edtf

100 0# $a Bríxida, $c de Suecia, Santa, $d 1303-1373

368 ## $c Santa

 

046 ## $f 0769 $g 0840 $2 edtf

100 0# $a Agobardo, $c Santo, $d 769-840

368 ## $c Santo

$d título da persoa (R): emprégase rexistrar designacións indicativas de realeza, nobreza, rango eclesiástico, cargo ou termos de tratamento dunha persoa de vocación relixiosa.

046 ## $g 0816 $2 edtf

100 1# $a León $b III, $c Papa, $d -816

368 ## $d Papa

 

046 ## $f 1372? $g 1418 $2 edtf

100 0# $a Catarina, $c Raíña consorte de Enrique III, Rei de Castela$d 1372?-1418

368 ## $d Raíña consorte de Enrique III, Rei de Castela

 

046 ## $g 1649 $2 edtf

100 0## $a Benito de la Cueva, $c Fray, $d -1649

368 ## $d Fray

 

046 ## $f 0540~ $g 0604 $2 edtf

100 0# $a Gregorio $b I, $c Papa, $d aproximadamente 540-604

368 ## $d Papa

368 ## $c Santo

400 0# $a Gregorio $b I, $c Papa, Santo, $d aproximadamente 540-604

Etiqueta 400 - Referencia Véxase (R)

Contén as formas dos nomes non válidas ou rexeitadas (Referencia Usado por). Cubrir tantas etiquetas 400 como formas non aceptadas ou variantes da forma autorizada coñezamos para cada autor.

As normas de redacción da etiqueta 400 son as mesmas que as da etiqueta 100.

100 1# $a Máiz, Ramón, $d 1953-

400 1# $a Máiz, R., $d 1953-

400 1# $a Máiz Suárez, R., $d 1953-

400 1# $a Máiz Suárez, Ramón, $d 1953-  

Etiqueta 5XX - Referencia Véxase ademais (R)

Contén outros nomes relacionados coa identidade bibliográfica autorizada. As relacións deben ser recíprocas, é dicir, todas as entradas que figuren en campos 5XX  deben ter o seu propio rexistro de autoridade. Isto é o habitual no caso de pseudónimos cando no catálogo existen obras firmadas cos nomes reais.

Nestes casos (pseudónimos individuais ou colectivos) imos empregar un subcampo de relación ($w r) seguido dos designadores de relación que RDA inclúe no seu apéndice K para especificar o tipo de realción entre as persoas: "Identidade real" e "Identidade alternativa" seguidos de dous puntos

100 1# $a Quentin, Patrick

500 1# $w r $i Identidade real: $a Wheeler, Hugh, $d 1912-1987

500 1# $w r $i Identidade real: $a Webb, Richard Wilson, $d 1902-

 

100 1# $a Wheeler, Hugh, $d 1912-1987

500 1# $w r $i Identidade alternativa: $a Quentin, Patrick

O emprego dunha etiqueta 5XX axeitada permite tamén establecer relacións con outro tipo de encabezamentos, como sucede no caso de soberanos ou dignidades eclesiásticas segundo actúen ou non no exercicio da súa autoridade

100 0# $a Carlos $b IV, $c Rei de España, $d 1748-1819

510 1# $a España. $b Rei (1748-1819 : Carlos IV)

 

100 0# $a Bonifacio $b VIII, $c Papa, $d 1294-1303

510 1# $a Igrexa Católica. $b Papa (1294-1303 : Bonifacio VIII)

Etiqueta 667 - Nota xeral non pública (R)

Este campo proporciona información de carácter xeral que pretende aclarar o uso do encabezamento ao persoal catalogador.

Os indicadores non están definidos

O subcampo $a Nota xeral non pública: contén notas do catalogador que alerten de forma rápida sobre algunha circunstancia como homonimias non resoltas ou existencia dun nome idéntico pero identificado como unha persoa diferente, etc.

667 ## $a Non confundir con ....

667 ## $a Data de nacemento eliminada en todos os campos por petición expresa da autora, [data da modificación]

Atención!: En rexistros de autoridade procedentes do anterior sistema Millennium pode aparecer neste campo a frase "Autores galegos na USC" que indicaba a presenza do rexistro na Base de Datos de Autores Galegos. Non hai que eliminar nin modificar esta información, pero non debe constar en rexistros de nova creación.

Etiqueta 670 - Fonte consultada (con datos) (R)

O campo 670 emprégase para xustificar o punto de acceso autorizado. Contén a cita dunha fonte consultada na que se localizaron datos biográficos ou información relativa a un encabezamento de autoridade autor (etiqueta 100), ou a unha forma rexeitada (etiqueta 400). O campo contén tamén a información relevante localizada na fonte.

Opcionalmente a cita dunha fonte consultada na que non se atopou información sobre o punto de acceso, pode rexistrarse nun campo 675

Esta información é pública para o usuario.

A finalidade deste campo é dobre: proporcionar información que facilite a correcta atribución das obras e documentar a elección tanto da forma aceptada como das rexeitadas.

No caso dos nomes de persoa é fundamental recoller no rexistro de autoridade calquera dato que acredite a relación con Galicia ou a súa vinculación coa cultura galega.

INDICADORES

## Non definidos

SUBCAMPOS

$a- cita da fonte (NR)

A cita da fonte consultada debe conter a información suficiente para poder identificala, normalmente: Autor (Apelidos, Nome). Título da obra, ano de publicación

670 ## $a Couceiro Freijomil, Antonio. Diccionario bio-bibliográfico de escritores, 1951-1953 

Omitiremos o nome do autor da obra citada na etiqueta 670 cando sexa o mesmo que aparece no rexistro de autoridade.

100 1# $a Constela Doce, Xesús, $d 1963-

670 ## $a As Humanas proporcións, 2004 $b contracuberta (Xesús Constela Doce, Ferrol, 1963)

No caso de obras que teñen o título como punto de acceso principal, a cita da obra constará de: Título, ano de publicación

670 ## $a Dicionario de literatura galega, 1995

No caso de publicacións periódicas a cita constará de: Título da revista, data de inicio. As mencións de ano, volume, número, etc. faranse constar no $b diante da información atopada

670 ## $a Revista Galega de Economía, 1990- $b vol. 11, n.1 (2002), páxina 233

No caso de que a fonte sexa un recurso electrónico a cita constará de: Nome do recurso, consultado e máis a data de consulta (día, mes, ano)

670 ## $a Galipedia, consultada 14-10-2010

Para citar fontes non bibliográficas especificar o tipo de fonte ("Chamada telefónica", "Correo electrónico", "Información proporcionada polo autor", etc.), as datas e a información proporcionada

670 ## $a Correo electrónico da autora, 23-07-2020 $b (Nada en Redondela en 1976)

Para citar outros catálogos ou ficheiros de autoridade:

670 ## $a Autoridades de la Biblioteca Nacional de España, consultado 17-03-2019 $b (Defreds, José Ángel Gómez Iglesias, naceu en Vigo, Pontevedra, en 1984)

670 ## $a BnF Autorités, consultado 07-02-2017 $b(Alföldi, Andreas, 1895-1981)

670 ## $a Library of Congress Authorities, consultado 16-09-2024 $b (Smith, Christopher John, 1965-)

$b- Información localizada (NR)

Contén a información relevante sobre a autoridade autor localizada na fonte que se está a citar (anos de nacemento e morte, lugar de nacemento, profesión ou actividade....). Esta información vai entre parénteses e sempre en galego. Recoller os datos en forma resumida de forma que se evite información repetida ou irrelevante. 

A localización específica dentro da fonte (portada, cuberta, páxina, etc.) tamén pode facerse constar, fóra dos parénteses, neste subcampo. Esta indicación non é necesaria no caso das obras de referencia.

670 ## $a Diccionario de literatura galega, 1995 $b (Poeta. Naceu en Vilagarcía de Arousa en 1974)

670 ## $a Revista Galega de Economía, 1990- $b  vol. 11, n.1 (2002), páxina 233 (Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Vigo)

670 ## $a Las milicias populares gallegas, 1988 $b portada (Santiago Álvarez), cuberta (naceu en Valdeorras, Ourense, 1913)

$u- Identificador uniforme do recurso (R) (non recuperable no catálogo)

Contén o enderezo de acceso electrónico cando a fonte citada é un recurso electrónico

670 ## $a Galipedia, consultada 14-10-2010 $b (Xosé Vizoso, nado en Mondoñedo en 1950, é un artista gráfico galego) $u https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Vizoso

670 ## $a  Library of Congress Authorities, consultado 12-09-2024 $b (González Iñárritu, Alejandro, naceu en México en 1963) $u https://lccn.loc.gov/no2002001249

Etiqueta 675 - Fonte consultada sen datos (NR)

Este campo contén a cita dunha fonte consultada na que non se atopou información relacionada coa persoa representada no rexistro de autoridade. 

Elaborar esta nota interna só cando se considere que a falta de información en si mesma merece a pena ser rexistrada para alertar a futuros catalogadores ou usuarios do rexistro de autoridade.

Subcampo $a Cita da fonte: Cada fonte citada debe xerar un novo subcampo $a

Se a fonte de datos é electrónica, consignar a data da consulta

100 0# $a Queremón de Alexandría

675 ## $a Enciclopedia Galega Universal

Etiqueta local 999 - Relación con Galicia (NR)

Empregar este campo local para codificar a relación da persoa representada no rexistro de autoridade con Galicia.

  • Os rexistros de autoridade das persoas nadas en Galicia ou aquelas que desenvolvan toda a súa vida profesional, artística, etc. na nosa Comunidade deberán ter este campo Marc cuberto con texto "Catálogo Galicia".
  • Os rexistros de autoridade de persoas que teñan unha relación circunstancial con Galicia, é dicir, escriban ocasionalmente sobre temática galega, publiquen en Galicia, aparezan nas fontes de referencia galegas (excluíndo as fontes de referencia universais publicadas en galego) deberán ter este campo cuberto co texto "Relación GA"

Estes valores teñen a finalidade de orientar aos catalogadores respecto da inclusión no Catálogo Galicia de todas, ou parte das obras dunha persoa. Isto significa que toda a produción das persoas identificadas como "Catálogo Galicia" formará parte do denominado Catálogo Galicia polo feito de ser creada por autores galegos, mentres que no caso de autores identificados como "Relación GA", a inclusión das súas obras dependerá das características da propia obra (tema, lingua, lugar de publicación, etc.), e da relación do autor con Galicia no momento da súa creación.

Nos padróns están creados por defecto os campos coas dúas opcións posibles, ELIMINAR o que non corresponda no momento de gardar o rexistro.

Os rexistros de autoridades non galegas non terán este campo local. Tampouco aplica a rexistros de autoridade de nomes corporativos, xeográficos ou de tema.

100 1# $a Cunqueiro, Álvaro, $d 1911-1981

670 ## $a Enciclopedia Galega Universal, 1999- |b (Cunqueiro Mora-Montenegro, Alvaro Patricio. Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981)

999 ## $a Catálogo Galicia

 

100 1# $a López Ben, Silvia

670 ## $a Consello da Cultura Galega. Persoas $b (Silvia López Ben. Dende 2015 ata 2016, membro da Comisión Técnica temporal Informe sobre a Divulgación da Ciencia en Galicia (CCG))

999 ## $a Relación GA