Ir ao contido principal

Manual Autoridades

Manual de Autoridades

Pautas xerais para o rexistro de nomes de persoa

  • Uso de maiúsculas

Como norma xeral irá en maiúscula a primeira letra da primeira palabra de cada elemento. Tamén  a dos títulos reais.

Torrente Ballester, Gonzalo
Leonor, de Aquitania, Raíña consorte de Enrique II, Rei de Inglaterra ​

No caso dos títulos nobiliarios empregaranse maiúsculas ou minúsculas segundo as normas da lingua orixinal na que o título foi conferido.

Alba, Cayetana Stuart y Silva, Duquesa de [en español]

pero

Abrantès, Laure Junot, duchesse d’ [en francés]

  •     Números

Rexistrar os números tal como aparezan na fonte de información. Usar para nomes de reis, papas, etc. que inclúen numeración romana

Pío VI, Papa

  •     Acentos e signos diacríticos.

Os nomes acentuaranse correctamente, tal e como establezan as normas ortográficas de cada lingua, incluídas as maiúsculas. Agregar aínda que non figuren na fonte de información.

Álvarez Blanco, Xosé Luís

Lévi, Éliphas

  •     Guións

Conservar os guións entre os nomes de pila se son utilizados pola persoa

Ekengren, Ann-Marie

Ramos, Juan-Luis

  •     Espazado de iniciais e siglas

Se o nome consiste total ou parcialmente en iniciais ou letras separadas, deixar espazo entre as iniciais ou letras independentemente de que estean seguidas de punto ou non.

Rowling, J. K.

Franco G. S., José Fernando

A. A. M.

Pero, as iniciais que non representan nomes de persoas, como é o caso das siglas das ordes relixiosas asociadas a un nome, non deben separarse con espazos.
Chacón, Enrique, Padre, O.F.M.​