Táboa de contidos
En aplicación do principio de representación de RDA, rexistrar os nomes das entidades na lingua e escritura que aparezan nas fontes. Na BUSC faremos excepción coas escrituras non latinas e, neses casos, empregaremos unha forma transliterada do nome.
Na transcrición de maiúsculas respectaremos as normas ortográficas da lingua en cuestión. Con carácter xeral escríbese con maiúscula cada palabra significativa do nome da entidade coa excepción das entidades francesas ou italianas nas que só a primeira palabra e os nomes propios escríbense en maiúsculas.
Centre national de la recherche scientifique (Francia)
Biblioteca nazionale centrale di Roma
Biblioteca Nacional (Cuba)
National Library (India)
Deutsche Nationalbibliothek
Rexistrar os acentos e signos diacríticos que aparecen no nome dunha entidade tal e como figuren na fonte de información. Agregalos se hai seguridade de que son parte integral do nome pero foron omitidos na fonte da que se toma o nome.
Radio Dept. (Grupo musical)
Cando se rexistre o nome dunha entidade corporativa:
a) se unha inicial está seguida de outra, non deixar un espazo despois do punto a continuación da primeira inicial
b) se as letras ou iniciais separadas aparecen na fonte de información sen espazos entre elas, rexistrar as letras sen espazos
R.E.M. (Grupo musical)
En xeral, empregar os nomes desenvolvidos das entidades, a non ser que sexan máis coñecidas polas súas siglas. Os acrónimos ou siglas serán transcritos de acordo co uso máis común da entidade, con puntos ou sen eles, pero sen espazos.
Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias (España) e non INIA
RENFE e non Red Nacional de Ferrocarriles Españoles
Se o nome da entidade inclúe un artigo inicial, rexistralo como parte do nome preferido
The Beatles (Grupo musical)
Como norma xeral o nome preferido establecerase na lingua oficial da entidade. Se o nome aparece en diferentes linguas ter en conta as seguintes pautas:
Library of Congress
Universidade de Santiago de Compostela
Guipúscoa. Arkitektura Zerbitzua
Organización Mundial da Saúde
Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas
Igrexa Católica
Xesuítas
Palau de l'Almirall (Valencia, España)
Parti communiste de Belgique
En ocasións pode suceder que unha entidade principal teña un nome en galego e a entidade subordinada non, polo que poden existir puntos de acceso nos que aparezan dúas linguas
Nacións Unidas. Department of Economic and Social Affairs
Omitir estes termos a menos que sexan parte integral do nome ou sexan necesarios para aclarar que o nome é dunha entidade corporativa:
Malvar Construcciones (Pontevedra, Galicia) e non Malvar Construcciones S.A. (Pontevedra, Galicia)
Para máis casuísticas e exemplos ver Manual RDA - Pautas xerais sobre o rexistro de atributos das entidades corporativas