Táboa de contidos
Aínda que existen outras vías, a forma máis efectiva de crear un novo rexistro de autoridade en Alma é o emprego do padrón predefinido. O procedemento a seguir é:
No padrón, coa finalidade de facer máis sinxela a introdución dalgúns campos, inclúense textos que deben ser substituídos polos datos particulares da persoa que corresponda. Por exemplo, o lugar de nacemento na etiqueta 370 ou a área de coñecemento na 372.
Noutros casos, cando se trata de datos invariables, no patrón quedan recollidas as diferentes posibilidades. Por exemplo, os datos do campus de Santiago ou de Lugo, o xénero “Masculino” e “Feminino”.
Como linguas aparecen recollidas as máis comúns. O catalogador só terá que eliminar a información que non proceda.
A posibilidade de facer un novo rexistro duplicando un existente non é a forma máis recomendable de crear un rexistro de autoridade. Aparte do risco de deixar información correspondente a outra autoridade, hai que ter en conta que as autoridades do PDI migraron a Alma con campos que xa non son aplicables: